
Hoxe é o Día Internacional do libro infantil e xuvenil.
Sabedes porque se celebra este día nesta data? Porque coincide coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O IBBY ou Organización Internacional para o libro Xuvenil, promove a celebración deste día coa fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.
Seguindo este consello e a axuda de Xoana de 4º, dende hoxe, abrimos un ciclo de recomendacións de contos para conmemorar o 2 de abril así como este mes adicado ao libro.
Os libros recomendados por Xoana neste video:


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario