miércoles, 9 de mayo de 2012

5º LIBEROU O SEU POEMA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Vaia Tropa de poetas que hai nesta escola!! Estou moi, pero que moi ledo!!
Non só recitades de marabilla... é que tamén facedes creacións propias. Gústame a idea de encher os estantes da biblioteca con libros publicados polos nenos e nenas de Bandeira.
Hoxe os rapaces e rapazas de quinto amosáronnos a súa capacidade literaria recitando dous poemas propios, conmovedores, divertidos, amenos...
Quero os seus poemas na miña Biblioteca!
Sabedes dicirme os nomes destes rapaces de 5º?
Todo aquel neno, nena, mestre, mestra, persoa que traballe no centro... que saiba o nome destes nenos ou nenas e mo mande a conversascongarabullo@gmail.com,  que me deixe unha nota na caixa da biblioteca ou no comentario desta entrada, antes de mañá pola tarde, terá un simpático agasallo. (Non esquezades poñer os nomes dos nosos poetas así como o voso nome e curso)
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

7 comentarios:

David dijo...

Ola Garabullo!
Os nomes son Mario e Lucia.
Eu son David.
3º curso primaria.
9 de maio , as 8 da noite.

Juan, 2º curso dijo...

Os nomes son Mario e Lucia.
Son Juan de 2º de primaria
9 de maio 2012

José dijo...

Ola outra vez Garabullo,
Esta tamén a sei!!
Os dous da "tropa" que recitaron poemas propios foron Alba e Mario. Que ben o fixeron!
Aproveito para felicitar a todos/as os alumnos/as de quinto que o fixeron fenomenal. Gustáronme moito.
Saúdos
José
Tamén me daredes agasallo desta vez!

Biblioteca Bandeira dijo...

Ola amiguiños. Veso que andades ahí para recibir o voso agasallo. Só podo dicir que un dos tres acertou o nome dos rapaces que inventaron o poema. Asegurádevos de quen inventou o poema e voltade a enviarme a solución antes das 16:30.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

David y Juan dijo...

Grazas por darnos outra oportunidade.
Xa metimos o nome de Mario e Alba na
caixa conversas con Garabullo. Os poemas foron moi bonitos.

10,5,2012. As 13:25´

David de 3º(2º ciclo) e Juan de 2º( 1º ciclo).

Martín dijo...

Son Martín
Os nenos son
Alba e Mario

Biblioteca Bandeira dijo...

Moi ben Martín conta mañá co teu agasallo.
Saúdos e xa sabes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA