Como xa sabedes o 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Xa miraríades na entrada da escola os murais que recollen datos da súa biografía, así como da súa obra.
Paz Andrade foi un grande defensor de Galicia.
Sabíades que dende moi novo dedicouse a escribir en xornais e revistas? Chegou a dirixir durante cinco anos a revista "Galicia".
Como vedes estas son algunhas das curiosidades que os vosos mestres e mestras están amosándovos nas aulas.
Agardo disfrutedes e aprendades moitas cousas da súa vida e obra!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario