Ola rapaces e rapazas!! Xa sabedes que Radio Garabullo está comezando unha nova temporada. Onte tivemos un novo programa de "As novas á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer" con Esther de 6º e Jaime de 5º"; falaron do magosto e das cousas que se están a preparar para as vindeiras semanas. Non deixedes de escoitalo e animádevos a crear os vosos propios programas cos vosos amigos, cos compañeiros da clase, cos mestres,... Radio Garabullo está esperando as vosas propostas. Vide pola biblioteca coas vosas ideas!!
miércoles, 17 de noviembre de 2021
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario