miércoles, 24 de noviembre de 2021

SOMOS FORTES E LIBRES - 25 DE NOVEMBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Somos fortes e libres así di o retrouso que se repite na canción "Que non mo neguen" das TANXUGUEIRAS.

As tanxugueiras son mulleres fortes, valentes e empoderadas. Cantareiras dunha nova década. Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, son as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega.

"O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" é unha data que debemos ter en conta no calendario pola súa importancia. Os nenos e nenas temos moi claro que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e oportunidades, pero sentimos que non todos os maiores pensan igual. Para celebrar o 25 de Novembro queremos mandar unha mensaxe de igualdade e liberdade empregando a canción das Tanxugueiras "Que non mo neguen" e facendo da súa letra o noso lema: SOMOS FORTES E LIBRES!!


0 comentarios: