Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis chega o "Lambecazolas". Atendede á información e preparade as vosas receitas!! Non esquezades que teñen que ser saudables!!
martes, 12 de mayo de 2026
LAMBECAZOLAS DE VERÁN
domingo, 10 de mayo de 2026
Descubrindo a vida e obra de Begoña Caamaño
Ola amguiños e amiguiñas!!
No marco das Letras Galegas, compartimos unha nova publicación na que podedes atopar información completa e actualizada sobre a vida e a obra de Begoña Caamaño, a autora homenaxeada este ano.
Trátase dun recurso pensado para achegarnos de maneira clara e ordenada á súa figura, permitindo ao alumnado coñecer mellor quen foi, que escribiu e cal foi a súa achega á literatura galega.
Nesta publicación poderedes:
📖 Coñecer os aspectos máis importantes da súa biografía.
📖 Achegarvos ás súas obras máis destacadas.
📖 Comprender a relevancia do seu legado cultural.
Animámosvos a ler con calma, investigar e seguir descubrindo a riqueza da nosa literatura.
Porque coñecer ás nosas autoras e autores é tamén unha forma de manter viva a nosa lingua. Premede na imaxe
#LetrasGalegas #BegoñaCaamaño
Poñémonos a proba con Begoña Caamaño!
Ola amguiños e amiguiñas!!
Seguimos aprendendo e gozando coas Letras Galegas cunha proposta diferente e moi divertida: xogos en liña para comprobar todo o que sabemos sobre Begoña Caamaño.
A través destes recursos interactivos, o alumnado poderá poñer a proba os seus coñecementos dun xeito lúdico, repasando a súa vida, a súa obra e a súa importancia na literatura galega.
Con estes xogos poderedes:
🎮 Aprender xogando.
🎮 Reforzar contidos traballados na aula.
🎮 Compartir e gozar en familia.
Animámosvos a participar, probar os xogos e demostrar todo o que xa sabedes!
Porque aprender tamén pode ser divertido!
Ide premendo nas imaxes!!
#LetrasGalegas #BegoñaCaamaño
Recursos para imprimir sobre Begoña Caamaño
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Continuando coa celebración das Letras Galegas, no noso centro queremos seguir ofrecendo materiais útiles para coñecer mellor a figura de Begoña Caamaño.
Nesta ocasión, compartimos os recursos elaborados polo Seminario Galán, pensados especialmente para traballar nas aulas e tamén na casa. Trátase de materiais imprimibles, sinxelos e atractivos, que permiten ao alumnado achegarse á autora dun xeito dinámico e participativo.
A través destes recursos poderedes:
📝 Realizar actividades de comprensión e reflexión.
📝 Coñecer aspectos destacados da súa vida e obra.
📝 Traballar de maneira creativa arredor da literatura galega.
Animámosvos a empregar estes materiais e seguir descubrindo, aprendendo e gozando coa nosa lingua, para atopalos premede na imaxe
#LetrasGalegas #BegoñaCaamaño
LETRAS GALEGAS NA RAG: Quen foi Begoña Caamaño? Descúbreo aquí!
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Con motivo da celebración das Letras Galegas, no noso centro queremos achegar ao alumnado a figura de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano.
Para facilitar o acceso á información e seguir aprendendo dun xeito sinxelo e atractivo, poñemos á vosa disposición os contidos elaborados pola Real Academia Galega (RAG), onde poderedes descubrir quen foi, que escribiu e por que é tan importante para a nosa lingua e cultura.
A través destes recursos, o alumnado poderá:
📚 Coñecer a súa vida e a súa traxectoria.
📚 Achegarse ás súas obras máis destacadas.
📚 Comprender a importancia do seu legado na literatura galega.
Animámosvos a explorar estes materiais, ler, investigar e seguir gozando da nosa lingua.
Porque coñecer ás nosas autoras e autores é tamén unha forma de coidar e valorar o galego.
Premede na imaxe!!
#LetrasGalegas #BegoñaCaamaño
Ola amiguiños e amiguiñas! Como xa sabedes os nenos e nenas de 4º participaron na II Edición dos Premios José Hermida de Radio Pontevedra, chegando á final cun podcast baseado no conto “A mellor sopa do mundo”, no que se destacou a importancia dunha alimentación saudable e de proximidade.
Aínda que non acadamos o premio principal, recibimos unha mención especial por parte de Vegalsa, unha empresa das que patrocinaban o certame, que quixo recoñecer o noso traballo cun pequeno agasallo para o alumnado.
Ademais, tivemos a sorte de contar coa visita de Paula, alcaldesa de Silleda, e de Ángela, concelleira de Educación, que quixeron compartir con nós este recoñecemento.
Dende o centro queremos agradecer este xesto e felicitar ao noso alumnado pola súa implicación, creatividade e esforzo.
Aquí deixamos un resumo dunha xornada inesquecible e emocionante.
viernes, 8 de mayo de 2026
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe o alumnado de 4º vai a estar na II Gala dos Premios José Hermida, xunto con outros 20 centros, fson finalistas dos Premios Joseé Hermida do Grupo Radio Pontevedra. Alí coñeceremos os gañadores desta 2ª Edición.
Animámosvos a seguir en directo a gala nesta ligazón
https://www.youtube.com/@RadioPontevedraSER , nas emisoras 1116 OM, 92.7FM, na APP da Cadena Ser, y en la web de Radio Pontevedra. ás 10:45 e de seguido, escoitedes o programa especial cos gañadores, Hoy por Hoy Pontevedra-Arosa I Premios José Hermida ás 12:25 ben a través da aplicación ou das emisoras convencionais: Radio Pontevedra no 98.7 FM, Radio Arosa 95.6 FM ou Radio Pontevedra Deza-Tabeiros 92.2 FM.
Moita sorte a todos e todas!!!
martes, 5 de mayo de 2026
2 de maio : Día Internacional contra o bullying
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 2 de maio foi o Día Mundial contra o Bullying, no noso centro sumámonos á conmemoración desta data clave para reflexionar, aprender e seguir construíndo unha escola segura e respectuosa para todos e todas.
Sabemos que o bullying non sempre é visible, pero sempre doe, e de que todos e todas podemos facer algo para evitalo: escoitar, acompañar, pedir axuda e, sobre todo, tratar aos demais como nos gustaría que nos tratasen.
Desde o noso cole queremos seguir reforzando unha mensaxe clara:
- O respecto é cousa de todos e todas.
- A amizade constrúese día a día.
- Xuntos e xuntas somos máis fortes contra o acoso.
Seguiremos traballando para que a nosa escola sexa un espazo onde cada neno e cada nena se sinta valorado, escoitado e feliz.
Lembrade que ademais no noso centro contamos cun Punto Laranxa, situado no pasillo que vai cara aos baños que empregamos no recreo. Tamén na páxina web do centro (no lateral dereito), podedes acceder premendo na imaxe.
O Punto Laranxa serve para lembrar que:
🧡 Pedir axuda é valente.
🧡 Todas as persoas merecen ser escoitadas.
🧡 Entre todos e todas podemos coidar o bo trato no cole.
Por outra banda, dende a biblioteca aconsellamos a lectura do libro de Eloy Moreno: Invisible nas dúas versións que temos no cole tanto para prelectores coma para lectores autónomos.
🎙️ Soa a emoción… soa a familia
Ola amiguiños e amiguiñas!! Benvidos a Radio Garabullo... Hoxe, na nosa radio… hai algo especial ✨
Hai voces que emocionan.
Hai palabras que acompañan.
Hai familias que están… sempre.
O noso alumnado é finalista da II edición dos Premios José Hermida de Radio Escolar, organizados por Radio Pontevedra do grupo Cadena SER.
Entre 107 centros e 117 podcasts, o seu traballo foi elixido como un dos 20 mellores.
E iso… xa é un gran premio... NORABOA!!
Pero hoxe non falamos só de logros.
Hoxe falamos de emocións.
Porque as nais e pais quixeron achegarse á nosa emisora…
coller un micrófono…
e dicir algo moi importante:
“Estamos orgullosos de vós”
Un podcast cheo de agarimo, ánimo e ilusión para a gran final.
Porque detrás de cada neno e nena… Hai unha familia que apoia, que anima e que cre.
E iso… tamén conta. E moito.
👏 Parabéns, finalistas
🍀 Moita sorte na final
Agora si… escoitamos
Feira do Libro na FEIRA DA BANDEIRA
Baixo o lema “Libros que alimentan”, organizamos un posto moi solidario no que todo o alumnado puido intercambiar libros por produtos de hixiene, alimentos non perecedoiros ou facer unha pequena doazón. Todo o recadado foi entregado a servizos sociais para axudar ás familias que máis o precisan.
A actividade non quedou só no posto, senón que continuou nas aulas con diferentes propostas:
- O alumnado de 3º e 4º participou nunha divertida gymkana, na que foron recompilando información polos distintos postos da feira. Para rematar, celebraron o seu esforzo compartindo uns churros e colaborando tamén no posto de libros.
- Os máis pequenos de infantil saíron a dar un paseo para coñecer de preto o mercado de Bandeira, descubrindo o seu ambiente e funcionamento.
- O alumnado de 5º de Primaria puxo en práctica as matemáticas na vida real, acudindo ao supermercado para mercar leite e aceite. Tiveron que contar cartos, facer estimacións e calcular canto podían comprar e canto lles sobraba.
Foi unha xornada chea de aprendizaxes, convivencia e solidariedade, na que demostramos que os libros tamén poden alimentar… e moito máis que a mente 💫
🎥 Aquí vos deixamos un vídeo resumo de todo o vivido!















.jpeg)






.jpg)
