Baixo o lema “Libros que alimentan”, organizamos un posto moi solidario no que todo o alumnado puido intercambiar libros por produtos de hixiene, alimentos non perecedoiros ou facer unha pequena doazón. Todo o recadado foi entregado a servizos sociais para axudar ás familias que máis o precisan.
A actividade non quedou só no posto, senón que continuou nas aulas con diferentes propostas:
- O alumnado de 3º e 4º participou nunha divertida gymkana, na que foron recompilando información polos distintos postos da feira. Para rematar, celebraron o seu esforzo compartindo uns churros e colaborando tamén no posto de libros.
- Os máis pequenos de infantil saíron a dar un paseo para coñecer de preto o mercado de Bandeira, descubrindo o seu ambiente e funcionamento.
- O alumnado de 5º de Primaria puxo en práctica as matemáticas na vida real, acudindo ao supermercado para mercar leite e aceite. Tiveron que contar cartos, facer estimacións e calcular canto podían comprar e canto lles sobraba.
Foi unha xornada chea de aprendizaxes, convivencia e solidariedade, na que demostramos que os libros tamén poden alimentar… e moito máis que a mente 💫
🎥 Aquí vos deixamos un vídeo resumo de todo o vivido!

.jpg)

0 comentarios:
Publicar un comentario