Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos aquí o Entroido. Chega o tempo do cocido, das orellas e das filloas, dos disfraces e da risa. A época do divertimento!!!
Coma ven sendo tradición na escola, os nenos e nenas de 6º preparan os "atranques" para participar no "Alto dos Xenerais Infantil" de Bandeira e para participar nos IV Encontros do Entroido. Un ano máis iremos a Vila de Cruces a participar xunto con outros centros nun lance de atranques escolares.
Dende a volta das vacacións fomos escoitando como se creaban pequenas batallas verbais nos corredores e na biblioteca, criticando cousas do cole, de Bandeira ou dos propios "xenerais". Un traballo moi duro de achegamento a nosa tradición oral, que esixe un grande esforzo, e que terá a súa recompensa o sábado 22 coa paricipación no Alto dos Xenerais de Bandeira e o xoves 20 coa participación nos "Atranques escolares dos Xenerais do Ulla",e desde logo, coa representación que farán pola tarde para todos nós.
Se queredes saber algo máis dos "Atranques" e do "Alto dos Xenerais Infantil" de Bandeira non deixedes de pasar pola biblioteca Temos un montón de información para todos vós.
martes, 18 de febrero de 2020
lunes, 10 de febrero de 2020
DEDICA AS TÚAS LECTURAS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que o xoves 13 é o "Dia Mundial da Radio" e o venres 14 "Día dos namorados". Xuntamos todo e decidimos emitir nestas dúas datas en aberto. Na hora do recreo poderedes ir á radio ou a Biblioteca a dedicarlle un conto aos vosos amigos, amigas, nais, pais, familia,... a quen queirades.
Na entrada do cole tedes unha exposición de contos de amizade e amor coma proposta para que dediquedes. Moito ánimo. Agardamos as vosas dedicatorias.
Ao longo da semana tamén haberá emisións moi interesantes para apoiar un chamamento da UNESCO que nos invita a defender a diversidade. Pensade que a RADIO ten a capacidade de chegar á moita xente, e todos podemos expresarnos e ser escoitados dende os nosos programas variados e adaptados aos nosos gustos e aos nosos oíntes.
Agardámosvos en Radio Garabullo coas vosas dedicatorias e iniciativas.
Mentres deixámosvos o anuncio do "Día Mundia da Radio": Somos a diversidade. Somos a Radio.

miércoles, 5 de febrero de 2020
SUPERHÉROES CONTRA O PLÁSTICO
Ola amiguiños e amiguiñas!!Xa estamos loitando co consumo de plástico, melloramos a nosa selección e reciclaxe do lixo pero aínda podemos facer moitas máis cousas e cambiar moitos costumes que fan que tiremos moito lixo e, sobre todo, moito plástico.
Que estades aprendendo dos plásticos?
Por que loitar contra os plásticos?
Cal é o plástico malo? Como podemos identificalo?
Algunha idea para mellorar a nosa reciclaxe?
Que ideas tedes para reducir o plástico no voso día a día?
Agardo as vosas ideas e respostas...
Iriña Bailarina
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa tedes na biblioteca o conto de Iriña Bailarina. O pasado venres 31 de xaneiro puidemos ver a interpretación deste fantástico conto grazas a compañía Ghazafelhos.
Aprendemos que un pirata, un xogador de fútbol e unha bailarina de caixiña de música poden compartir un único desexo: Xogar sen límites para medrar sen medida.
Non esquezades voltar a ler este fermoso conto co que pechamos este ciclo de "Lecturas pola PAZ"

Etiquetas:
DÍa da Paz 2020,
Iriña Bailarina,
Lecturas pola PAZ
lunes, 3 de febrero de 2020
Lecturas pola PAZ
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis rematamos as "Lecturas pola PAZ" deixando unhas imaxes fermosas. Todos e todas lendo e gozando dos contos!! Uns trouxeron risas e outros emocionáronnos. Grazas a estas lecturas falamos de temas tan dolorosos coma a guerra, os enfados, as envexas, a falta de amizade e empatía e aprendemos a entender mellor esta data tan importante o "Día Escolar da NON Violencia e da PAZ".
jueves, 30 de enero de 2020
Iriña bailarina

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe rematamos as "Lecturas pola PAZ" cun conto moi especial . É especial porque pasou por todas as aulas, o limos, o comentamos e o sentimos e mañá remataremos estas actividades dedicadas a conmemorar o "Día Escolar da NON Violencia e a PAZ" indo ao auditorio de Bandeira a ver unha representación desta obra da man de Ghazafelhos.
"Iriña Bailarina" das autoras Cristina Justo e Paloma Rodríguez, editado por Embora amosa coma Iriña, unha bailarina de caixa de música, quere cambiar... esta cansa de ser sempre o mesmo e quere sair da súa Caixa e ser pirata, boneco de futbolín...
Non deixedes de ler e ver este conto que rompe cos estereotipos e defende a Igualdade e a PAZ!!
Por catro esquiniñas de nada
Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta xornada de "Lecturas pola PAZ" para infantil, os colaboradores levaron o conto "Por catro esquiniñas de nada" de Jerome Ruiller e publicado pola editorial Juventud.É unha historia que fala da aceptación, da superación e da autoestima. O máis curioso é que as protagonistas son figuras xeométricas.
Non volo perdades!!
miércoles, 29 de enero de 2020
Contos de Igualdade por Zaira, Alba e Silvia
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Alba, Silvia e Zaira de 6º foron ata a radio para contar o conto de "Maruxa" da escritora Eva Mejuto e publicado pola editorial OQO.Este conto é moi importante porque garda valores de igualdade. Para estas nenas con esta historia a autora quere amosar que os homes e as mulleres somos iguais e Maruxa, de xeito astuto, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.
Non deixedes de pedir o conto na biblioteca ou escoitalo no noso canal de radio.
martes, 28 de enero de 2020
Arriba e abaixo
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os compañeiros de infantil continúan coas "Lecturas pola PAZ". Os colaboradores da biblioteca de 5º contáronlles o conto "Arriba y Abajo", un libro de Oliver Jeffers.
É unha fermosa historia acerca da amizade e da importancia de acadar os soños, e de aceptar a realidade.
Un conto moi bonito e divertido que non debedes deixar de ler ou de ver no seguinte vídeo.
É unha fermosa historia acerca da amizade e da importancia de acadar os soños, e de aceptar a realidade.
Un conto moi bonito e divertido que non debedes deixar de ler ou de ver no seguinte vídeo.
lunes, 27 de enero de 2020
PARABÉNS NA HORA DE COMER E AS NOVAS DO TEMPO DE LECER
A través deste programa de radio Rosalía e Brais de 6º irán felicitando a todo o alumnado do centro polo seu aniversario. Aproveitarán tamén para contar novas do cole. Tanto do que xa pasou e non puideron informar ou do que vai a pasar ao longo da semana.
De seguro que vos engancha.
Etiquetas:
Parabéns na hora de comer,
Radio Garabullo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)