lunes, 27 de enero de 2020

A GUERRA DOS NÚMEROS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os compañeiros de infantil comezaron a súa tandada de "Lecturas pola PAZ". A guerra dos números foi o libro interpretado polo alumnado de 5º para contarlles a infantil.
Neste libro da editorial OQO, o escritor Juan Darién cóntanos coma "UN" era un número moi pequeño. Sempre estaba só e sentía envexa dos demáis, que tan superiores lle parecían. Un día o "Rei Menos" déulle uns planos para construír unha arma terrible: O signo menos...
Pero xa non conto máis. Animádevos a coller o conto na biblioteca ou ollar neste vídeo coma o contan os compañeiros e compañeiras de 5º.



miércoles, 22 de enero de 2020

IMAGINE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa está cerca o Día da PAZ. Coma todos os anos a Biblioteca propón esas lecturas que fan que este concepto, ás veces tan difícil de entender, semelle máis claro para nós.
Hoxe Sandra, Ana, Jorge e Martín de 5º, colaboradores da Biblioteca, fixeron unha interpretación do conto "Imagine" basado na canción do mesmo nome de John Lennon e publicado pola editorial "Flamboyant".
Dende hoxe e ata o día 30 teremos as Lecturas para a PAZ. En primaria seis lecturas que pasarán por todas as aulas e coas que traballaremos nestes días. Infantil escoitará catro contos interpretados polos nenos e nenas de 5º, colaboradores da biblioteca.
Estas semanas dedicadas á PAZ rematarán coa visita ao auditorio para ver a obra de teatro "Iriña Bailarina".
Aquí deixamos un vídeo do conto e o programa de radio do conto de hoxe. Non esquezades que o poderedes levar Imagine en préstamos cun código QR para que poidades escoitalo tantas veces coma queirades a través dos vosos dispositivos móbiles.

O TROMPO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O martes contamos na radio cunha visita moi interesante. O avó de Rosalía e Candela . Falou dos trompos para continuar asentando o Proxecto dos Xogos Tradicionais iniciado no cole anos atrás.
Ramiro Agra é un grande artista e coñecedor de xogos populares. Aprendemos moito con el. De todo o que máis nos gustou foi a súa capacidade de facer trompos tallándoos el mesmo cunha trencha.
Escoitade todo o que nos contou.


viernes, 17 de enero de 2020

DÍAS DE PAIS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Cada mércores a nosa biblioteca énchese cos vosos pais e nais que veñen a ler un conto con vós ou a escoller as lecturas da semana.
Dende a biblioteca só podemos agradecer ese apoio. Encántanos saber que os contos e a biblioteca están covertíndose nun lugar polo que hai que pasar e a lectura algo co que gozar nese ratiño que compartimos con papá e con mamá.
Grazas polo voso apoio!!! Agardámosvos o vindeiro mércores!!


jueves, 16 de enero de 2020

CHARLA URBASER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte os nenos e nenas de primaria asistiron a unha charla: "Un novo ciclo de vida para o lixo" da empresa "Urbaser". Grazas a eles aprendemos coma debemos facer para reciclar. Lembramos en que colector debemos tirar o lixo que xeneramos.
Aínda así non estamos de todo convencidos de, por que temos que reciclar? Pois aqui deixo dúas recomendacións de lectura que podedes atopar na biblioteca. Quizais sexan unha boa axuda para entender a importancia de reciclar.



miércoles, 15 de enero de 2020

LEMON

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe poñémonos moi serios.Que está a pasar no mundo co plástico?. Realmente coidamos o noso Medio Ambiente? Cumprimos a regra das tres erres? Reciclamos correctamente? Reutilizamos todo o que temos á nosa man? Reducimos o lixo?
Son preguntas que temos que facernos, temos que falar na aula cos profes e compañeiros; e nas casas coas nosas familias... 
Dende hoxe imos a apostar por mellorar o noso compromiso co Medio Ambiente. Queremos que unha curta como a que aquí queda pase a ser algún día unha curta de ficción e non unha realidade coma é hoxe en día.


viernes, 10 de enero de 2020

FORMACIÓN CON "PONTE NAS ONDAS"

O pasado 17 de decembro tivemos a sorte de contar con Damián e Xerardo  de "Ponte nas Ondas".
Grazas a eles os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º chegaron a entender aspectos moi divertidos, básicos e difíciles da lectura, da redacción e da emisión e maquetación na radio. Aprenderon os pasos básicos para conseguir una boa interpretación; cada lectura é distinta e implica unha boa posición do corpo, dos brazos,... a emoción con que lemos… A continuación experimentaron con "Audacity" para poder correxir os erros nun audio. E xa, para rematar o que foi unha xornada ideal, entre todos e todas fixeron  o seu primeiro programa de radio. Unha actividade moi divertida e inesquecible que podedes ver aquí resumida.
Non deixedes de escoitar o programa que tedes máis abaixo.


miércoles, 18 de diciembre de 2019

UN LIBRO POLO NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Chegan as vacacións e o tempo de lecer e tamén tempo para ler. Dende aquí deixamos unhas recomendacións de lecturas moi divertidas e entretidas. Hai cómics, libros que fan rir, contos para aprender, contos con cd para escoitar e ler... Escollede o voso conto e non deixedes de contarnos cal foi o mellor. Felices Festas!!




lunes, 16 de diciembre de 2019

ITINERARIO LECTOR 2019-2020

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa rematamos un trimestre. Moitos de vós xa tedes os vosos itinerarios lectores en marcha. Esas lecturar "obligatorias" que facemos cos compañeiros na aula e que acaban sendo inesquecibles para nós.
Aquí deixo as lecturas escollidas por cada aula para formar o seu "Itinerio Lector".


lunes, 9 de diciembre de 2019

DigiCraft

Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 4º, 5º e 6º está participando nun proxecto chamado DigiCraft.
DigiCraft é un programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas a través do xogo e da experimentación.
Cada semana temos unha sesión nova na biblioteca, onde imos aprendendo cousas sobre a realidade aumentada, como facer un pequeño videoxogo ou buscar información na rede con distintos buscadores.
Ollade coma traballamos!!