Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa chegan as LETRAS GALEGAS!! En nada estamos a celebrar a nosa Romaría!!
E..., para abrirlle as portas á festa, cada curso vai a liberar un poema.
Os primeiros e os máis valientes, coma sempre, os nenos e nenas de infantil. Onte recitaron para todos un poema que tiña por título A Primavera.
Aquí os tedes!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
jueves, 8 de mayo de 2014
miércoles, 7 de mayo de 2014
CLUB DE LECTURA DE 6º
O alumnado de 6º tamén ten o seu CLUB de LECTURA de aula.
Por consenso decidiron que libro ler, os tempos de lectura, os momentos para comentar o seu libro... e pouco a pouco foron enganchándose a unha interesante trama, a uns personaxes que foron formando parte das súas vidas... Un corazón lleno de estrellas é un libro que engancha. Pero...
Que pensan os de 6º deste libro?
Gustoulles?
Queredes saber a súa opinión?
Pois aquí deixo o vídeo para que Un corazón lleno de estrellas forme parte das vosas lecturas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Por consenso decidiron que libro ler, os tempos de lectura, os momentos para comentar o seu libro... e pouco a pouco foron enganchándose a unha interesante trama, a uns personaxes que foron formando parte das súas vidas... Un corazón lleno de estrellas é un libro que engancha. Pero...Que pensan os de 6º deste libro?
Gustoulles?
Queredes saber a súa opinión?
Pois aquí deixo o vídeo para que Un corazón lleno de estrellas forme parte das vosas lecturas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
6º (2013-2014),
cousiñas de Garabullo,
Recomendacións lectura
domingo, 4 de mayo de 2014
Recomendacións de Infantil
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Máis recomendacións de lectura. Ata a biblioteca achegáronse nenos e nenas de infantil de 5 para recomendarvos os contos que máis lles gustaron.
Son lectores que veñen moito cos papás á Biblioteca e levan moitos contos.
Teñen moi bo gusto escollendo contos!!
Eu paseino xenial lendo estes contos!!.
A ver se vos gustan a vós!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

5 anos,
infantil 2013-2014,
Recomendacións lectura
miércoles, 30 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO
Ola amiguiños e amiguiñas!!
O pasado mércores 23 de abril celebramos O día do libro.
Son moitas as bibliotecas que conmemoran este día con diversas e marabillosas actividades.
Na nosa escola continuamos cos Apadriñamentos lectores. É curioso como dende o primeiro momento vivides esta actividade. A vosa preocupación polo conto que ides a contar. Seleccionades o conto adecuado e o buscades teimosamente na biblioteca, aconsellándovos cos titores e amigos dos vosos apadriñados. Así fúchedes quen de divertir e enganchar aos compañeiros nas vosas lecturas. O resultado védelo neste vídeo.
Tamén tivemos unha sorpresa!!! Lembrades? Dende o concello tivemos o regalo dun libro que fala dos entroidos de España e onde se menciona a nosa vila, Bandeira, e o seu entroido.
Como vemos a lectura gañou unha vez máis, e agasallounos cun día cheo de ilusión, lectura, sorpresa, risas,... en resumo un Día do Libro que non esqueceremos.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 21 de abril de 2014
Recomendacións de lectura de 2º
Ola amiguiños e amiguiñas!!Que tal de vacacións? Aquí seguen chegando as vosas recomendacións de lectura. Nesta ocasión Axel, Mateo, Micaela e Pablo de 2º fan as súas recomendacións. Falan dos contos que a eles lles gustaron e divertiron.
Contos coñecidos para todos como Oso Atrapabolboretas, ou menos coñecidos O soño do osiño rosa, contos que foron películas como Bolt ou contos de grandes aventureiros como Se me ha roto el trotosaurio.
Unha fermosa selección con mellores argumentos. Escoitade aos vosos compañeiros.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
2º (2013-2014),
cousiñas de Garabullo,
Recomendacións lectura
jueves, 10 de abril de 2014
A Misión Biolóxica de Galicia na Biblioteca
Hoxe os alumnos e alumnas de infantil e 1º e 2º ciclo do CEIP de Bandeira tivemos unha curiosa visita na Biblioteca.
A biblioteca era un pequeno laboratorio onde plantamos millo, coñecimos algúns bichiños que estropean o millo ou as cepas... e un montón de actividades que nos ensinaron dende a Misión Biolóxica de Galicia.
A Misión Biolóxica é un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas. Ocúpase dos principais cultivos da zona da súa conservación e mellora. Estudan o millo, a vide, os chícharos, as xudías,... e con eles aprendemos moitas cousas entre eles que na Biblioteca tamén investigamos ciencia.

lunes, 7 de abril de 2014
Club de lectura de 3º
Ola amiguiños e amiguñas!!É interesante ver como día a día ídesvos sumando a esta proposta de recomendar as vosas lecturas preferidas.
Hoxe tócalle ao club de lectura de 3º "Club de Garabullo" falar do conto No corazón do bosque que acaban de rematar de ler.
Xa veredes como o libro semella interesante e asegúrovos que engancha!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
jueves, 3 de abril de 2014
Club de lectura de 5º
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os rapaces e rapazas de 5º estiveron lendo Xoeliki, foi o libro escollido no seu club de lectura "Amiguiños das letras". Aproveitando que xa o remataron, sumáronse ás "recomendacións de lectura" iniciadas por Xoana o día 2 de abril.
Queredes saber a súa opinión de Xoeliki? Pois non perdades este video onde deixan recollidas as súas impresións.
Ata a seguinte recomendación!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Os rapaces e rapazas de 5º estiveron lendo Xoeliki, foi o libro escollido no seu club de lectura "Amiguiños das letras". Aproveitando que xa o remataron, sumáronse ás "recomendacións de lectura" iniciadas por Xoana o día 2 de abril.Queredes saber a súa opinión de Xoeliki? Pois non perdades este video onde deixan recollidas as súas impresións.
Ata a seguinte recomendación!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
miércoles, 2 de abril de 2014
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA DE XOANA
Ola amiguiños e amiguiñas!!Hoxe é o Día Internacional do libro infantil e xuvenil.
Sabedes porque se celebra este día nesta data? Porque coincide coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O IBBY ou Organización Internacional para o libro Xuvenil, promove a celebración deste día coa fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.
Seguindo este consello e a axuda de Xoana de 4º, dende hoxe, abrimos un ciclo de recomendacións de contos para conmemorar o 2 de abril así como este mes adicado ao libro.
Os libros recomendados por Xoana neste video:

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
martes, 1 de abril de 2014
VODA DE PIOLLOS E PULGAS
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que divertidas son as lecturas se as collemos con ilusión e con gusto!!
A semana pasada os rapaces de 2º tiñan que ler unha pequena obra de teatro... ao tentar lela, con ritmo e chispa, déronse conta de que podía recitarse a ritmo de rap. Probaron como podía quedar e... para amosarnos o resultado do seu traballo fixeron unha pequena dramatización.
Este é o resultado do que unha mañá de marzo pasou na aula de 2º.
A representación para o cole fíxose o 27 e 28 de marzo; data inmellorable para conmemorar o día internacional do teatro!!
Grazas polo voso traballo e as vosas ideas.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)