domingo, 24 de mayo de 2026

O noso horto vai collendo forma 🌱

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Continuamos avanzando no noso PDI coa recuperación do
horto escolar e xa rematamos unha nova parte deste proxecto tan especial. Nesta ocasión, o alumnado de 1º de Primaria puxo en práctica a súa creatividade e habilidade empregando os lápices 3D para elaborar os letreiros dos útiles do horto, que xa quedaron colocados nos andeis do horto para manter todo organizado e preparado.

A plantación xa comezou, cada aula escolleu o que quería cultivar e agora toca repartir as quendas de coidado e rega.

  • Infantil escolleu leituga
  • 1º e 2º de Primaria: leituga lisa e berenxena
  • 3º e 4º de Primaria: cebolas e leituga rizada
  • 5º e 6º de Primaria: pementos e leituga negra

Pouco a pouco, entre todas e todos, estamos devolvéndolle a vida ao noso horto escolar, aprendendo a coidar, colaborar e valorar a importancia da natureza e da alimentación saudable. 



0 comentarios: