Ola amiguiños e amiquiñas! Este ano, a asociación AÚPA DEZA quixo compartir connosco unha fermosa iniciativa para celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
Agasallaron ao noso centro cunhas chapas moi especiais, co obxectivo de dar visibilidade ao autismo e promover valores como o respecto, a inclusión e a empatía.
O alumnado participou con moita ilusión, levando as chapas e realizando fotografías mostrando así o seu apoio a esta causa.
Dende a BIBLIOTECA queremos agradecer este detalle, sumarnos a esta proposta e seguir traballando para construír unha escola máis inclusiva, onde todas e todos teñamos cabida 💙
Ademais dende esta semana contamos na nosa biblioteca cun libro : Vítor é autista. Nel, un neno cóntanos en primeira persoa como é o seu día a día, axudándonos a comprender mellor que significa ser autista desde a súa propia mirada.
Trátase dunha lectura sinxela, emotiva e moi valiosa para traballar a empatía, o respecto e a inclusión co noso alumnado. A través da súa historia, Vítor achéganos á súa forma de sentir, pensar e relacionarse co mundo, rompendo estereotipos e achegándonos á diversidade como unha riqueza.
Animamos a toda a comunidade educativa a achegarse a este libro e a seguir construíndo xuntos unha escola máis inclusiva, onde todas e todos teñamos o noso lugar 💙
0 comentarios:
Publicar un comentario