Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte xoves 18 de decembro o alumnado de 5º tivo a sorte de participar nunhas xornadas de "Radio na Biblio" na Cidade da Cultura en Santiago.
A xornada reuniu na Cidade da Cultura a 650 escolares de 5º e 6º de Primaria que participan nas emisoras dos seus respectivos centros. O obxectivo era poñer en valor o traballo de alumnado e profesorado neste eido e destacar o papel da radio como ferramenta formativa.
A xornada estivo presentada por Esther Estévez. Puidemos presenciar a entrevista ao conselleiro de educación Román Rodríguez, á piragüista Teresa Portela e ao divulgador Miguel Ángel Cajigal, El Barroquista entre outros. Unha das mestras acompañantes foi entrevistada pola cadena COPE.
Despois de merendar todos xuntos e pasar un ratito coa nosa veciña, amiga e artista Cristina Collazo participamos nun obradoiro moi interesante con Charo Pita.
Unha xornada moi interesante que resumimos neste vídeo:
0 comentarios:
Publicar un comentario