viernes, 14 de noviembre de 2025

UNHA CHARLA MOI INTERESANTE ABRE O PERÍODO DE "LECTURA E FAMILIAS"

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mércores 12 de novembro o alumnado do 2º ciclo tivo  unha charla moi especial sobre os perigos das redes sociais, Internet e os xogos en liña.
O noso convidado, o papá de Laura e Lucía, explicounos o importante que é falar destas cousas xa desde que pequenos, xa que cada vez empezamos antes a usar móbiles e xogos online.
Durante a charla explicou o importante que é non compartir fotos, non falar con descoñecidos cando xogamos e ter sempre coidado co que compartimos en Internet.
Recordounos que, se algunha vez temos unha dúbida ou algo nos fai sentir incómodos, debemos contalo sen medo: aos nosos pais e nais, ás mestras e mestres, ou a calquera adulto de confianza. Internet pode ser un lugar divertido para aprender e xogar, sempre que o usemos con responsabilidade e acompañados.
Con esta fantástica charla, abrimos as portas da biblioteca, a todas as familias que queraides vir a contar un conto ou a facer pequenos obradoiros, ensinando e compartindo cos vosos pequenos as vosas habilidades.

0 comentarios: