Ola amiguiños e amiguiñas!! O luns celebramos o "Día de Rosalía". Foron moitas as actividades que se foron facendo para homenaxear a esta grande escritora galega. Dende crear un recuncho nas escaleiras do cole dedicado á poeta, pasando pola plantación de pensamentos ou xogando cos escornabots para ver cantas cousas sabemos da nosa galega ilustre. Rematamos as actividades cun pequeno Recital. A continuación iremos plasmando pequenos vídeos onde se recollen os mellores momentos da conmemoración do "Día de Rosalía".
martes, 25 de febrero de 2025
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario