Ola amiguiños e amiguiñas!! Este foi o programa que fixeron os nenos e nenas de 1º para presentar aos seus compañeiros e compañeiras de 5º e celebrar así o "Día Mundial da Radio".
Este ano o alumnado de 5º de primaria participou na celebración do Día Mundial da Radio emitindo dende Radio Garabullo un podcast sobre o Cambio Climático, colaborando así con Rede Espora e Ponte nas Ondas. Non esquezamos, ademais, que este ano o "Día Mundial da Radio" está dedicado "A radio e o cambio climático". Con esta iniciativa preténdese dar apoio ás emisoras de radio na cobertura periodística deste tema.
Rede Espora fixo con varias emisoras doutros coles un programa especial. Premede na imaxe e de cara ao final (no minuto 39) e poderedes escoitar a participación do alumnado de 5º.

0 comentarios:
Publicar un comentario