viernes, 21 de febrero de 2025

Día de Rosalía

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o "Día de Rosalía de Castro" e lembrámosvos que ademais de todas as cousiñas que tedes para traballar na aula podedes voltar a ver este vídeo que se fixo hai anos no cole ou o traballo de Rosalía que fixeron os vosos compañeiros e compañeiras de 4º o ano pasado.

TRABALLO DE ROSALÍA: Feito polo actual alumnado de 4º o curso pasado en colaboración co CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro



VÍDEO DE ROSALÍA: Este vídeo fíxose hai anos no cole con algúns de vós e con compañeiros que xa non están. Serve para aprender moito de Rosalía. E agora é o momento de recordalo. Despois de velo podedes pasarvos pola biblioteca que tedes un xogo fantástico para ver o que aprendestes.

0 comentarios: