domingo, 19 de marzo de 2023

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR CON 5º

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 15 de marzo celebramos no cole o "Día Mundial dos Dereitos do Consumidor". É unha data encamiñada a recoñecer e defender os dereitos do consumidor.

O alumnado de 5º achegouse a todas as aulas para invitarnos a conmemorar esta data dun xeito máis responsable. Falounos do consumo responsable dirixido a adquisición de produtos sostibles e necesarios. Un consumo solidario que xenere menos residuos e respecte o medio ambiente.

A través de distintas actividades baseadas na reciclaxe, reutilización de produtos e coidado do medio ambiente foron facendo obradoiros moi interesantes e moi divertidos.

Aprendemos moitas cousas coma que debemos evitar as compras por impulso, coidar os nosos xoguetes e roupas para que duren máis, procurar reparar o que rompe, comprar produtos locais,... En definitiva invitáronnos a fomentar o consumo responsable e a reutilización de materiais e produtos dirixindo as nosas actuacións ao coidado do medio natural. A deixar un mundo mellor.

Ollade o que co alumnado de 5º fixemos!!


0 comentarios: