Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mes de decembro comezamos unha aventura compartida con outros coles. Tiñamos que tentar reunir aos nenos e nenas de distintos cursos nunha lectura. Un dos centros seleccionaba un curso para que, a través de videoconferencia, lese un conto para os nenos e nenas dos outros coles. As lecturas son gravadas en audio ou vídeo, con estas gravacións obtemos un código QR que atoparedes na contraportada dos contos co fin de facilitar a lectura dos mesmos aos nenos e nenas con distintas dificultades.
Este mes de xaneiro o protagonista foi o noso cole. Aproveitando a celebración do "Día da PAZ" os nenos e nenas de 6º leron para os seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º e tamén a través de videoconferencia aos nenos e nenas do CEIP Xesús Golmar e do CEIP Manuel Rivero de Lalín e aos nenos e nenas do CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe.
Os contos escollidos foron Orellas de bolboreta, Chímpate Pepa! e Oso Atrapabolboretas e aquí podedes ver o ben que o fixeron.
Orellas de bolboreta:
Chímpate Pepa!:
Oso Atrapabolboretas:
0 comentarios:
Publicar un comentario