Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado xoves 23 de febreiro foi o "Día de Rosalía". Xuntos celebramos o nacemento dunha muller que loitou pola súa terra, pola súa lingua e pola súa condición de muller que amaba escribir.
Un dos seus temas favoritos era a Natureza da que era defensora. A súa planta favorita os pensamentos e a súa árbore o roble.
Nós tamén quixemos rendirlle o seu merecido homenaxe. Limos os seus poemas e creamos distintas composicións para entre todos facer nacer a Flor de Rosalía que loce na entrada do cole.O día 23 estivo cheo de actividades dende ver un vídeo da Biografía de Rosalía de Castro (picade no enlace para voltar a velo), facer chapas propias decoradas por vós e con a palabra que máis vos achegaba a Rosalía. Tamén fixemos a visita virtual á casa de Rosalía de Castro situada en Padrón e rematamos a xornada plantando pensamentos, a flor preferida da nosa autora homenaxeada, que agora locen nas fiestras da biblioteca.
Un fermoso día moi especial recollido neste vídeo:
0 comentarios:
Publicar un comentario