martes, 19 de abril de 2022

A BICICLETA SOLIDARIA

Ola amiguiños e amiguiñas!!

Hoxe vimos a falar dun libro peculiar que leva por título BICICLETAS de Fleur Daugey e Karine Maincent. Este libro amosa a bicicleta coma un invento extraordinario! Un medio de transporte ecolóxico e revolucionario que liberou ás mulleres e substituiu ao coche en épocas de escasez de combustible. Buscádo pola biblioteca. 

Aproveito tamén para falarvos da Asociación Cultural Recycling. É unha asociación galega que loita pola igualdade de oportunidades dos nenos e nenas de comunidades africanas. Esta Asociación propúxose coma obxectivo axudar a mellorar as súas  condicións de vida mediante a recollida e transporte de diferentes tipos de materiais... Entre eles destaca a figura da bicicletaInvitan a asociacións, escolas... a decorar unha bici para expoñer en distintos lugares, así aproveitan e dan a coñecer a súa iniciativa: Recoller bicis vellas que xa non usamos e despois do seu reacondicionamento envialas a estes países para darlles unha segunda vida.

Nós contribuímos coa iniciativa tuneando unha bici e facendo rodar con ela o noso proxecto "Fortes coma Carballos" embregando un Carballo coma elemento importante da decoración. Neste vídeo deixamo o proceso reflexado paso a paso.


0 comentarios: