Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe que celebramos o "Día de Rosalía" aproveitamos para falarvos dun bosque que fascinou á nosa poeta: O Bosque do Banquete de Conxo. Rosalía era unha amante dos bosques e xa en 1881 denunciaría corta incontrolada de carballos. Fíxoo nun poema titulado "Los robles", recollido no seu libro En las orillas del Sar, e na súa novela El primer loco, que ten coma escenario este bosque. Podemos dicir que a súa obra é hoxe unha das primeiras proclamas ecoloxistas e de defensa das árbores de toda España.
Neste bosque hai un Carballo que se está a facer moi famoso nas redes sociais por participar nun concurso con outras árbores famosas para converterse na Árbore Europea do Ano.
Nós sumámonos a esta inciativa e animamos ás familias a votar polo Carballo do Banquete de Conxo pola súa importacia histórica e pola súa simboloxía. Neste ano en que o noso proxecto leva o lema "Fortes coma árbores" sexamos "Fortes coma Carballos" e votemos polo Carballo do Banquete de Conxo.
Premede na imaxe para ampliar a información.
0 comentarios:
Publicar un comentario