Ola amiguiños e amiguiñas!! Este luns foi o "Día dos Namorados" ou "Día de San Valentín". Sabíades que a orixe de San Valentín vén do século III, en Roma, cando un sacerdote chamado Valentín opúxose a unha orde do emperador Claudio II que decidiu prohibir os matrimonios entre persoas xóvenes porque consideraba que así terían mellores soldados sen ataduras sentimentais?
Como Valentín celebraba igual os matrimonios o emperador mandou capturalo e, alegando desobediencia e rebeldía, sentenciou a morte a San Valentín, o 14 de febrero do ano 270. De ahí, que o 14 de febreiro se celebre o día dos namorados.
Esta data celébrase en moitos países con moitas variantes, así o "Día dos Namorados" en Finlandia ou Estonia tamén é unha homenaxe á amizade. En Perú aproveitan para ensalzar a poesía e nós no CEIP Ramón de Valenzuela fartos de tanto grupo burbulla e de tanta separación de COVID decidimos celebralo con agasallos interaulas. Por sorteo, preparamos fermosos corazóns con pequenas sorpresas e frases de amizade e compañerismo para outra aula; e buscamos libros de amizade e amor para compartir na "Hora de Ler". Separados pero xuntos así celebramos o "Día dos Namorados e da AMiZADE" no CEIP Ramón de Valenzuela.
0 comentarios:
Publicar un comentario