sábado, 2 de mayo de 2020

RECOMENDACIÓNS DOS NOSOS LECTORES

Ola amiguiños e amiguñas!! Estamos de fin de semana!! Seguro que papá ou mamá queren saír a dar un paseo, e mentres nós podemos aproveitar para quedar lendo na casa. Hoxe da man de algúns compañeiros e compañeiras do cole deixamos algunhas recomendacións de lectura para todas as idades.
Así Irene de 3º recomenda, por un lado unha lectura sinxela para os máis pequerrechos Cocorico: 
Un conto da editora Oqo. Neste conto de Marisa Núñez & Helga Bansch contan a historia de Cocorico un pitiño que vive tranquilo coa súa mamá ate que un día ofrécese para axudala. Que ten que facer Cocorico e que aventuras vivirá?
Pois anímate a ler este conto!!

O outro conto que propón Irene para os máis que se lanzan con lecturas máis grandes é 
Las locas aventuras de las hermanas de TikTok
Este libro de Julia Menú García de Edicións Martínez Roca conta a hitoria de dúas irmás que non deixan de meterse en líos cada dous por tres. 


Por outra banda temos a Martina de 5º de infantil que anima a todos os compañeiros e compañeiras a ler A cousa que máis doe do mundo. Un conto de Paco Liván e publicado en OQO editora. Unha lebre asegura que "o que máis doe do mundo é unha mentira" e demóstrao neste conto fantástico e divertido que seguro provocará moitas gargalladas!!





Martín de 3º dirixe as súas recomendación a una colección de libro de Dav Pilkey que atoparedes na editorial SM: O capitán calzoncillos. Nestes libros da colección Barco de Vapor nárranse as historias creadas por dous nenos moi pícaros que empregan o tempo libre creando historias protagonizadas polo Capitán Calzoncillo un superhéroe dono duns calzóns con poderes que se enfrenta a supermalos.

E xa para rematar temos unha pequena historia contada por Samuel de 3º. Un clásico coñecido por todos: Peter Pan. Poderedes atopalo en distintas versións e publicado por moitas editoriais. Foi publicado en 1911 coma un conto por James M Barrie  (hai máis de cen anos!!) Un conto fantástico que narra as aventuras dun rapaz que non quería medrar!!
Escoitade os consellos dos vosos compañeiros e compañeiras!! Fantástico!!

0 comentarios: