O pasado 16 de marzo o alumnado de entre 5º e 2º da ESO dos centros do Concello de Silleda fomos invitados para ver unha representación da obra "Leonardo e os fontaneiros" de María Victoria Moreno. Agasalláronnos cun libro para cada un dos participantes. Así puidemos achegarnos, un pouco máis,a esta escritora cacereña de literatura infantil e xuvenil en lingua galega a quen se lle dedican este ano as letras galegas. Encantounos a obra e dende aquí agradecemos ao concello a súa invitación e o libro que nos regalaron.
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "CREATECA"
Cada conto aporta aprendizaxes infinitas. Preme na imaxe e segue aprendendo
BIBLIOTECA CREATIVA 2023-2024
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO
0 comentarios:
Publicar un comentario