domingo, 18 de febrero de 2018

Rosalía que namoras!!!

Atrás queda "O día dos Namorados". 
Que mellor xeito de entender esta data que a partir de lecturas. Lecturas que nos fan lembrar a importancia  das amizades e da familia. De lembrarlles, a todos os que nos rodean e nos queren, o importantes que son para nós.
Rosalía así o facía nos seus poemas, non só amosaba o amor aos seus senón tamén a súa terra e a súa lingua. 
Seguindo a Rosalía aproveitamos este mes de Febreiro para amosar o amor e admiración á nosa poeta e aos seus versos:
Negra sombra; Campanas de Bastabales; Cando era tempo de inverno; Has de cantar; Eu cantar, cantar, cantei; Quíxenche tanto, meniña! ou Xan son entre outros os poemas que escollemos para honrar á nosa admirada poetisa.
Queredes ver unha mostra de como quedou o cole?:





Tamén continuamos os vosos traballos na biblioteca e seguindo a proposta dos Escritores e Escritoras en Lingua Galega sacamos os poemas que escollechedes e a nosa Rosalía ás fiestras da Biblioteca amosando a nosa poeta coma ese
"Refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro"





0 comentarios: