Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que polo mal tempo non rematamos as nosas celebracións para conmemorar o día da PAZ.
Ao longo destes últimos quince días estivemos contando contos, durante a hora de ler, que tiñan como tema a PAZ. Tamén fomos enchendo una Oliveira sen follas con novos brotes cheos de novos desexos. Cada lectura traía novas follas. Os nosos contos acabaron coa proxección de "Orellas de bolboreta" baixo unha interpretación dos nenos e nenas do cole.
Agora somentes queda plantar unha árbore que simbolice a nosa vontade por acadar os nosos desexos. De momento deixo aquí un antes e un despois da nosa oliveira e os mellores momentos das nosas lecturas pola PAZ.
Un saúdo e xa sabedes... VËMONOS NA BIBLIOTECA!!!
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "MELLORAMOS CANDO RECUPERAMOS"
Ao longo deste curso e do seguinte pretendemos recuperar e renovar os distintos espazos do cole.
ESPAZO CREATIVO
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa e Polos Creativos
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO
0 comentarios:
Publicar un comentario