Ola amiguiños e amiguiñas!!!
O xoves 23 de febreiro celebramos o "I Encontro do Entroido". Nunha fermosa actividade organizada pola biblioteca do CEIP Ramón de Valenzuela e a Biblioteca do IES Marco do Camballón. Neste encontro no que participaron o CEIP Cerdeiriñas de Piloño, CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, CEIP de Merza, o noso centro e O IES Marco do Camballón de Vila de Cruces achegámonos ao entroido tradicional da nosa terra. Unha actividade moi fermosa que deixo aquí recollida para todos.
Un saúdo e... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
sábado, 11 de marzo de 2017
miércoles, 8 de marzo de 2017
VACÍO por Aroa e Marta
Ola amiguiños!!!
Xa sabedes que durante a "HORA DE LER" moitos compañeiros e compañeiras do cole están lendo contos aos seus compañeiros.
Neste fermoso libro de Anna Llenas aprenderemos unha cousa moi importante: que a vida está chea de encontros e de pérdidas e a importancia de saber seguir cara adiante.
No vídeo escóitase a canción Eu tempo un amigo que a podedes atopar en Cantar e bailar para ser máis feliz!. María Fumaça é unha divertida, atolada e sensible locomotora musical. É un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un CD e un DVD con Ruí como protagonista, un cativo que a pesar das súas dificultades pode gozar da música, cantar e bailar. Diferentes artistas galegos uníronse para cantar máis de vinte temas para celebrar a alegría de vivir. Mais tamén porque é unha defensa da vida fronte a discapacidade
Xa temos estos contos preparados para vós.
Xa temos estos contos preparados para vós.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
lunes, 6 de marzo de 2017
A CASA DO SONO
Nunha casa durminte, una avoa, un neno, un can, un gato, un rato,... e ata una pulga durmen toooodo ó día. Ata que algo máxico acontece, que será? Pois escoitade a Lía e Elena que lle contaron o conto aos nenos e nenas de infantil e xa veredes que sorpresa.... A casa do sono!!!
PEDRO E OS IGUALENSES
Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe chegou á biblioteca un conto raro. Metade en cor e metade en gris. As tapas son brandas e alargadas. É un conto escrito por Javier Constenla e ilustrado por Núria Fortuny. Na contraportada pon o seguinte:
"¿Qué pasaría si todos fuésemos iguales? ¿Cómo sería un mundo en el que todo fuera gris y no existiesen colores? Acompaña a Pedro en un fantástico viaje que le llevará al país de los igualenses donde comprenderá la necesidad de la diversidad, la importancia de respetar a las demás personas y a valorar la diferencia y la tolerancia. Durante su aventura, pedro también descubrirá una palabra mágica, pero no una cualquiera, una que ayuda a ser mejor.."
Nesta semana con tanta actividade de prensa. día da muller, igualdade,... propoño este conto como unha lectura entrañable, fantástica e cunha importante mensaxe de igualdade. Xa o tedes na biblioteca PEDRO Y LOS IGUALENSES.
Xa me contaredes se vos gustou.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Hoxe chegou á biblioteca un conto raro. Metade en cor e metade en gris. As tapas son brandas e alargadas. É un conto escrito por Javier Constenla e ilustrado por Núria Fortuny. Na contraportada pon o seguinte:
"¿Qué pasaría si todos fuésemos iguales? ¿Cómo sería un mundo en el que todo fuera gris y no existiesen colores? Acompaña a Pedro en un fantástico viaje que le llevará al país de los igualenses donde comprenderá la necesidad de la diversidad, la importancia de respetar a las demás personas y a valorar la diferencia y la tolerancia. Durante su aventura, pedro también descubrirá una palabra mágica, pero no una cualquiera, una que ayuda a ser mejor.."Nesta semana con tanta actividade de prensa. día da muller, igualdade,... propoño este conto como unha lectura entrañable, fantástica e cunha importante mensaxe de igualdade. Xa o tedes na biblioteca PEDRO Y LOS IGUALENSES.
Xa me contaredes se vos gustou.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
Etiquetas:
2016-2017,
Pedro y los igualenses,
Recomendacións lectura
Un regalo moi grande
Comenzan as lecturas compartidas. Nenos e nenas de todas as aulas están preparando contos para os compañeiros doutros cursos.
Hoxe é o turno das nenas de 4º: Paula, Sabela, Carme, Luisa e Elena contáronlle dun xeito moi divertido un conto aos seus compañeiros e compañeiras de 4º e 6º. Neste caso elixiron "Un regalo muy grande" de Carl Norac publicado por EDELVIVES. Neste conto Luís pide polo seu cumpreanos un osiño moi grande. O seu pai vai ao bosque cun tarro de mel e e tráelle un oso de verdade. Este quere facer o mesmo que o oso de xoguete do veciño e só acontecen desastres. Os pais deciden botalo da casa. Serán esta vez Luís e o seu veciño os que vaian ao bosque cun tarro de mel.
Escoitade o conto e xa me contaredes se vos gustou.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
domingo, 5 de marzo de 2017
CHARLA DE BULLYNG
Os nenos e nenas de 5º e 6º tiveron a sorte de recibir información do "Bullyng" de primeira man. Unhas charlas dadas pola garda civil para achegarnos a temas que son moi difíciles de explicar e máis de entender.
O " Manual de BULLYNG" é un libro moi interesante de Miguel Ángel Alonso Diz un importante manual cheo de ilustracións nas que se entremezcla unha historia coas vivenzas e pensamentos dunha pequena víctima de acoso e dos diferentes aspectos relacionados con esta experiencia, sentimentos tanto da víctima como do acosador; ademáis dos seus diferentes tipos, modo de afrontar a situación por parte dos pais e mestres...
Se buscades máis información do tema non dubidedes en pasar pola biblioteca.
O " Manual de BULLYNG" é un libro moi interesante de Miguel Ángel Alonso Diz un importante manual cheo de ilustracións nas que se entremezcla unha historia coas vivenzas e pensamentos dunha pequena víctima de acoso e dos diferentes aspectos relacionados con esta experiencia, sentimentos tanto da víctima como do acosador; ademáis dos seus diferentes tipos, modo de afrontar a situación por parte dos pais e mestres...Encontros coa ilustradora Estefanía Padullés
A principios de febreiro os nenos e nenas de infantil tiveron un interesante encontro con Estefanía Padullés aprendendo a debuxar aos seus dinosaurios preferidos protagonistas do seu conto Max e Lea da editorial Hércules
Max é un Tyrannosaurus rex; un dinosaurio moi grande e moi forte, e cun montón de colmillos, así que ninguén se atreve a meterse con él.
Pero polas noites a cousa cambia… e é que Max ten moito medo á oscuridade.
Farto desta situación, Max decide pedir axuda a todos os dinosaurios que coñece… pero parece que ningún pode solucionar o seu problema.Cando Max está a punto de rendirse, a pequena Lea crúzase no seu camiño.Poderá axudalo?Logrará Max vencer ao fin o seu miedo á noite?
Non olveidedes coller o conto e mentres ollade que ben o pasaron os nenos e nenas de infantil!!!
Pero polas noites a cousa cambia… e é que Max ten moito medo á oscuridade.
Farto desta situación, Max decide pedir axuda a todos os dinosaurios que coñece… pero parece que ningún pode solucionar o seu problema.Cando Max está a punto de rendirse, a pequena Lea crúzase no seu camiño.Poderá axudalo?Logrará Max vencer ao fin o seu miedo á noite?
Non olveidedes coller o conto e mentres ollade que ben o pasaron os nenos e nenas de infantil!!!
DÍA DE ROSALÍA
Na semana do 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía e os alumnos de 1º, 2º e 5º foron os encargados de recoller poemas da nosa admirada escritora para lembrarnos o fermoso das súas verbas e ao mesmo tempo colaborar cun proxecto co Concello de Silleda. Un bo traballo colaborativo e de aprendizaxe para todos. Aquí o tedes!!!
martes, 28 de febrero de 2017
RECREOS DA BIBLIOTECA
Cada día a biblioteca énchese de actividade, xogo, lectura, estudo, investigación.... Cada día que vides a verme á biblioteca os vosos risos, marmurios, contos, dúbidas,... fan que sinta orgullo da nosa biblioteca e de todos e todas vós. Queredes ver como é un día calquera na biblioteca? Ollade!!
Etiquetas:
Bibliorecreo 2017,
Recreos da Biblioteca 2017
lunes, 20 de febrero de 2017
CARLOS CASARES
Camiñamos lentamente. O curso vai pasando e imos preparando o noso espazo coa obra de CARLOS CASARES.
Xa temos os nosos recunchos na biblioteca.
Agora toca que pouco a pouco o coñezamos nas aulas.
Achégase "O día das Letras Galegas"
Xa temos os nosos recunchos na biblioteca.
Agora toca que pouco a pouco o coñezamos nas aulas.Achégase "O día das Letras Galegas"
Etiquetas:
Carlos Casares,
Día das Letras Galegas 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



