miércoles, 24 de diciembre de 2014

GUÍAS DE LECTURA NADAL 2014

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos nas vacacións de Nadal. Chega unha época de tempo libre para xogar, para estar coa familia, de moitos agasallos,...
Xa sei que tedes as vosas cartas escritas e agardo que pidades algún conto.
Lembrades os que vos aconsellei nas guías de lectura? Son contos moi bonitos e divertidos así que vou deixalos aquí colgados para que os reis poidan velos tamén e levarllos a todos os nenos e nenas.

 Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Infantil xoga co Apalpador

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Ao longo destos días os nenos e nenas de infantil estiveron aprendendo cousas do Apalpador. A través de preguntas e de imaxes foron facéndonos partícipes das súas aprendizaxes.
Foi moi fermoso ver como día a día o mural ía cambiando.
Unha experiencia moi divertida, grazas a que coñecemos un pouco máis a este señor e coa que ademáis o pasamos en grande.
Queredes ver todo o que fixemos e aprendemos?
Ollade este conto!!!
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 11 de diciembre de 2014

COEDUCAMOS 2014

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Como ben sabedes son moitas as actividades que se fan na escola.
Hoxe chegou ás miñas mans esta nota xunto cun vídeo das actividades que fixeron os nenos e nenas de infantil para conmemorar o 25 de novembro.
Ollade!!! Ollade!!

COEDUCAMOS 2014

Como puidemos comprobar nas últimas entradas do blog, o pasado 25 de novembro celebrouse o Día Contra a Violencia de Xénero, e alumnado de educación infantil tivo a oportunidade de participar nos Obradoiros de Coeducación: “Iguais ou diferentes” , organizados polo CIM de Silleda.

Constaron de dúas sesións:

- A primeira das sesións (13 novembro) levaba por título: “O xogo no desenvolvemento infantil. As relacións sociais nos xogos; xogando xuntos aprendemos”.

- A segunda sesión (20 novembro) levouse a cabo baixo o título: “Transmisión de esteriotipos na sociedade. Publicidade e consumo de xoguetes”. 

Grazas a estes obradoiros, o alumnado de infantil puido dispoñer de situacións de aprendizaxe baseadas no xogo a partir das cales foron adquirindo habilidades positivas e valores que contribúen a mellorar o seu desenvolvemento persoal. Porque coeducando é o único xeito que temos ó noso alcance para tentar conseguir unha sociedade en igualdade!!
 
 

viernes, 5 de diciembre de 2014

UN CANTO AO MALTRATO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que ao longo deste mes estamos a publicar cousas feitas na aula ou fóra dela para traballar o 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Un ano máis foron os rapaces e rapazas de 6º os encargados de interpretar para todos un Canto ao Maltrato. Berraron NON polos que non teñen voz, polos que non teñen forza, para os que o precisen.
Hoxe deixo este Canto ao Maltrato aquí colgado, non só para que o gocedes, tamén para que escoitedes e aprendades o que transmite.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

martes, 2 de diciembre de 2014

QUE PLANTAMOS PARA XANTAR?

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que plantamos para xantar? é o título dun proxecto que comenza na Biblioteca e chega a todas as actividades da escola.
Temos un horto no que imos a traballar, investigaremos sobre moitos temas, elaboraremos murais, faremos entrevistas, leremos contos e faremos todo aquelo que se nos ocurra para poñer en marcha este proxecto.

Para comezar, dende hoxe teredes a posibilidade de publicar o que facedes  no horto e as vosas investigacións nun blog de Voz NATURA (picade enriba do logo para chegar ao blog)

http://blogs.voznatura.es/ceipbandeira/

O NOSO HORTO é o nome do noso novo Blog. Xa está en funcionamento grazas a Ana e Jorge de 5 anos, que hoxe foron os primeiros en publicar . Dende a biblioteca, e coa axuda de dúas mestras, foron traballando ata chegar ao que hoxe podedes ver colgado.



Animádevos a publicar as vosas pescudas e os vosos traballos.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA





viernes, 28 de noviembre de 2014

ARTUR E CLEMENTINA

A Violencia de xénero é un tema que ao longo desta semana estase a tratar nas aulas. Son moitas e moi variadas as formas de tratar este tema. Os nenos e nenas de 5 anos tamén traballaron o día 25 de novembro co conto de Artur e Clementina. Unha forma amena, divertida e adapata para entender o que esta data significa. Dun xeito ilustrado vemos o traballo feito polos nenos e nenas de 5 anos. 

Estas son as verbas que nos deixaron:

 ARTUR E CLEMENTINA
O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Contra a Violencia de Xénero, e os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando o conto de “ARTUR E CLEMENTINA” de Adela Turín.
Todas as actividades desenvolvéronse a partires da historia fabulada de dúas tartarugas que se coñecen e namoran. Ela ten multitude de soños, ilusións e plans de futuro para a súa vida.
Cando casan, Artur decide que será el quen traballe, e que ela quede na casa. Isto a ela abúrrelle moito e a el parécelle que é tonta por aburrirse. Ela planea moitas actividades para entreterse, pero el en vez de permitirllo, traíalle cousas e poñíallas atadas ó seu lombo.
Un día ela decide saír do seu caparazón e dar un pequeno paseo, para voltar antes de que el regresara á casa. Esta costume, que lle facía sentirse moi leda, foise convertindo nalgo necesario, ata que un día decidíu marchar para non volver e poder realizar os seus soños. El nunca comprendeu por qué se fora, con todas as cousas que lle dera…
Porque aínda se precisan obras sobre coeducación e igualdade!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

miércoles, 26 de noviembre de 2014

LA CACA MÁGICA

Unha vez máis estou sorprendido!!
Ao longo das últimas semanas había un pequeno rebulir pola biblioteca. Unhas rapazas de 6º cunha cámara de vídeo, uns mestres argallando algo, un neno que contaba un conto... Non entendía nada!!! Ata que hoxe apareceu un vídeo e unha nota na biblioteca.
A nota dicía:

" O martes 18 de novembro, Yago Taboada de 4º quixo contarlle un conto a Garabullo. Era A caca mágica. Eu,  María Taboada de 6º, fun á biblioteca para axudalo e graveinó"

María deulle a nota a unha mestra  e o vídeo dun fermoso conto para a nosa biblioteca, e para amosar no noso blog.
Agora tócame a min deixar aquí o conto e darlle as grazas a María e a Yago polo seu traballo, así como ás persoas que axudaron a que este vídeo chegara ás miñas mans.
Agardo que vos guste!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!






martes, 25 de noviembre de 2014

UN CANTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de novembro "Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller" agardounos unha sorpresa na entrada. Un mural que anuncia un día a ter en conta nas aulas, na escola, na casa,... Non so falamos nas aulas do significado deste día, tamén escoitamos un Canto contra a Violencia de Xénero interpretado polos nenos e nenas de 6º. Pronto poderemos compartilo con todos vós.
 

Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 18 de noviembre de 2014

A BIBLIOTECA XA ESTÁ FUNCIONANDO

Si amiguiños e amiguiñas a biblioteca segue a funcionar!!!
O día 24 de outubro marcou o comezo desta nova temporada. Os contos de Celsiño foron a chave para abrir as portas da biblioteca e poder ollar un vídeo feito polos vosos compañeiros. De repartir os carnés aos rapaces e rapazas novos no centro así como de lembrar as normas da biblioteca.
Pasámolo en grande!!
Agora véxovos pasar por aquí todos os días pedindo contos e películas, pero lembrade que tamén podedes mandar os vosos consellos de lectura!!
Anímovos a contar contos aos compañeiros.
Tamén podedes facer recomendacións escritas ou en vídeo
Xa sabedes que eu estou orgulloso do voso traballo e todo o que facedes queda aquí para que todo o mundo o disfrute.
Hoxe podedes ver aquí o vídeo de apertura da biblioteca
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free digital slideshow by Smilebox

martes, 11 de noviembre de 2014

Celsiño Contacontos

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Lembrades o día de festa da Biblioteca? Lembrades que ben o pasamos con Celsiño?
Pois agora é o momento de amosarllo a todos e todas, de lembrar os contos e as cancións que nos ensinou. De pasar un estupendo momento
Agardo que disfrutedes!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!