sábado, 22 de noviembre de 2025

EN BANDEIRA PINTAMOS TODOS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe tócanos felicitar aos compañeiros e compañeiras de 5º pola súa participación no concurso ""Canta y baila contra el bullying" convocado pola empresa Giotto e a Asociación Española contra o Acoso Escolar. Onte enterámonos de que gañaron na súa categoría e que participan na final do día 25 de novembro. 

Supoñemos que todos e todas queredes ver o vídeo gañador... Aquí volo deixamos. 


Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades que o alumnado de 5.º participa no concurso “Canta y Baila Contra el Bullying”?

Pois si! O alumnado de 5.º de Primaria está a participar no concurso “Canta y Baila Contra el Bullying”, unha iniciativa que promove o respecto, a empatía e a convivencia positiva a través da música e da danza.

Para o certame, os nenos e nenas interpretaron e gravaron a canción “Aquí pintamos todos” na radio do colexio, unha experiencia moi divertida que esperta unha gran motivación en todo o grupo. Eles mesmos crearon a coreografía, demostrando a súa creatividade, a capacidade de colaboración e o compromiso coa mensaxe da canción.

Así foron gravando as distintas escenas do videoclip, que despois se montaron para dar forma ao resultado final. A ilusión foi tal que outros compañeiros e compañeiras do centro xa están aprendendo a canción, de tanto escoitala durante os ensaios, nos recreos e nos corredores do colexio.

Todo este proxecto xurdiu a raíz da charla que o alumnado tivo co escritor Eloy Moreno sobre o acoso escolar, unha experiencia que os fixo reflexionar e os animou a actuar. Desa inspiración naceu a súa participación no concurso, cunha mensaxe clara e chea de cor:

“Todos pintamos contra o bullying”.



miércoles, 19 de noviembre de 2025

GARABULLO PIDE AXUDA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte pasou unha cousa moi especial. Garabullo foi curso por curso para facer unha proposta moi especial! Quere que todas e todos investiguemos e traballemos nun novo Proxecto Documental Integrado (PDI) que leva por título “Melloramos cando recuperamos”.

A mensaxe é clara: cando coidamos o que xa temos, cando recuperamos espazos e lles damos unha segunda vida, todos e todas melloramos: o cole, o medio ambiente, e tamén nós mesmos.

Os máis pequenos recibiron a misión de pensar e investigar como facer do patio un lugar máis bonito, máis divertido e máis verde. Observan, debuxan, propoñen e mesmo fan pequenas investigacións sobre plantas e xogos. Están demostrando que as grandes ideas tamén veñen de peques moi pequenos.


O alumnado de 1º e 2º está mergullado na recuperación do horto do cole. Queren devolverlle a vida:  limpar, preparar a terra, buscar información sobre as plantas e investigar como coidar o horto respectado a natureza. Xa están listos!! pensando en sementar… e para aprender mentres ven como medra todo.


Os nenos e nenas de 3º e 4º converteronse en auténticos exploradores. Saíron ao exterior para coñecer o Coto da Gaiteira, investigar a súa historia, a súa flora e fauna, e descubrir maneiras de coidar mellor este espazo natural tan importante para o noso entorno. Están preparando propostas de mellora para preservar este pequeno tesouro verde.

O alumnado de 5º e 6º asumiu un reto creativo: recuperar unha aula en desuso e transformala nun novo espazo útil para o cole. Están investigando modelos de aulas temáticas, buscando ideas de deseño, faranvos enquisas para elaborar plans de transformación. Moi pronto descubrirase en que se converterá… Promete ser algo marabilloso!





viernes, 14 de noviembre de 2025

UNHA CHARLA MOI INTERESANTE ABRE O PERÍODO DE "LECTURA E FAMILIAS"

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mércores 12 de novembro o alumnado do 2º ciclo tivo  unha charla moi especial sobre os perigos das redes sociais, Internet e os xogos en liña.
O noso convidado, o papá de Laura e Lucía, explicounos o importante que é falar destas cousas xa desde que pequenos, xa que cada vez empezamos antes a usar móbiles e xogos online.
Durante a charla explicou o importante que é non compartir fotos, non falar con descoñecidos cando xogamos e ter sempre coidado co que compartimos en Internet.
Recordounos que, se algunha vez temos unha dúbida ou algo nos fai sentir incómodos, debemos contalo sen medo: aos nosos pais e nais, ás mestras e mestres, ou a calquera adulto de confianza. Internet pode ser un lugar divertido para aprender e xogar, sempre que o usemos con responsabilidade e acompañados.
Con esta fantástica charla, abrimos as portas da biblioteca, a todas as familias que queraides vir a contar un conto ou a facer pequenos obradoiros, ensinando e compartindo cos vosos pequenos as vosas habilidades.

jueves, 13 de noviembre de 2025

A biblioteca aula de aprendizaxe

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabiades que o alumnado de 2º pasa todas as semanas pola biblioteca para traballar na áreas de ciencias sociais. Cando vos animades vós?




miércoles, 12 de noviembre de 2025

5º axuda a mercar contos

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado martes tivemos a posibilidade de poder mercar contos para a nosa biblioteca dende o cole. Neste caso decidimos que fosen os vosos compañeiros e compañeiras de 5º os que nos axudaran a escoller algúns contos para a biblioteca.

Como sabedes a vosa opinión é a que conta. Non deixedes de suxerirnos os contos que máis vos gustan ou aqueles que pensades que son imprescindibles na nosa biblioteca. Seguimos agardando as vosos propostas.



lunes, 27 de octubre de 2025

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola amiguiños e amiguiñas! O 24 de outubro é o "Día das Bibliotecas Escolares" e coma cada ano celebrámolo cunha actividade na biblioteca. Este ano vimos un vídeo feito polo alumnado de 6º e despois participamos nunha ximcana con algúns xogos creativos e educativos. Xogos cos que pasar un bo rato, que estimulan a imaxinación, a creatividade e favorecen a aprendizaxe de forma lúdica e significativa. Para rematar a actividade, os Axudantes da Biblioteca fixéronlle un agasallo a todos e todas.

Aquí tedes un vídeo resumo da xornada:

viernes, 24 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2025

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe, 24 de outubro, celebramos o "Día Mundial das Bibliotecas Escolares" baixo o lema: "Contra a Desinformación: Bibliotecas". 

Os axudantes da biblioteca saben o importante que é  este espazo  para desenvolver as habilidades necesarias para recoñecer e  combater a desinformación, para atopar ferramentas para pensar críticamente e para acceder a información fiable.  

Así, decidiron facer un vídeo para falar da biblioteca seguindo este lema.

Non imos a contar nada máis do tema, o mellor e que vexades o vídeo!!

martes, 21 de octubre de 2025

Os axudantes da biblioteca mercan os xogos

Ola amiguiños e amiguiñas!! O Día das Bibliotecas Escolares está á volta da esquina. Para celebralo decidimos aumentar os xogos e ir co alumnado de 6º, os axudantes da biblioteca, a mercalos á libraría do pobo. Foi un paseo estupendo e chegamos cargados de sorpresas. Ollade!!


sábado, 4 de octubre de 2025

O ACOSO ESCOLAR: Charla con Eloy Moreno

Ola amiguiños e amiguiñas!!  A pasada semana o alumnado de 5º de primaria tivo unha charla co  autor de InvisibleEloy Moreno, centrada no tema do acoso escolar.

Durante a sesión, interviñeron varios relatores que achegaron diferentes puntos  de vista sobre o tema, o que fixo que o encontro fose moi enriquecedor.

Ao remate da charla, tiveron a oportunidade de participar nunha rolda de preguntas en directo, na que lle preguntaron a Eloy Moreno se realmente existe máis acoso do que parece nos centros educativos. As súas respostas resultaron moi interesantes e axudou  a reflexionar sobre a importancia de detectar e actuar ante este tipo de situacións.

O alumnado de 5º pensa que foi unha experiencia moi enriquecedora, aprenderon moito e tomaron notas de todo o que comentou para poder seguir traballando sobre o tema.