Ola amiguiños e amiguiñas!! Os compañeiros e compañeiras de 2º decidiron ir á emisora de Radio Garabullo para facer as súas primeiras incursións na Radio e deixar uns conselliños de cara ao Nadal. Deixaron uns consellos moi interesantes. Non deixedes de escoitalos!!
jueves, 21 de diciembre de 2023
miércoles, 20 de diciembre de 2023
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA NADAL
Ola amiguiños e amiguiñas!! Remataron os exames e comezamos xa a sentir o Nadal. Estamos emocionados polo festival e polas vacacións.
Chegan días longos de divertimento e agasallos, cheos de momentos en familia e moito tempo de lecer. Un fantástico tempo para ocupar en xogos, paseos e lectura.
Dende a biblioteca querémosvos a animar a ler en familia e por iso fixemos estas recomendacións lectoras para todos e todas. Animádesvos?
martes, 19 de diciembre de 2023
BIBLIOTECA CREATIVA e adornos de Nadal
Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o tempo de Nadal. Hai que decorar o cole e a casa... Aproveitando os recursos da Biblioteca Creativa creamos adornos verdaderamente fermosos.
Colaboraron grandes e pequenos. Así os nenos e nenas de 6º traballaron cos de 5º de infantil e fixeron fotos para crear fermosas postais en canva coas tablets.
Os nenos e nenas de 2º e 4º de infantil fixeron chapas, os de 4º de primaria circuítos con leds para as súas postais e 3º de primaria empregou a impresora 3D para facer os adornos da árbore de Nadal. 1º de primaria usou o lapis 3D e 5º de primaria a máquina de coser. Xa en 6º de infantil aproveitaron a reciclase e a innovación. Ollade o vídeo de como quedou.
domingo, 10 de diciembre de 2023
NOVEMBRO 2023 Lectura e Familia
Ola amiguiños e amiguiñas!! O programa de "Lectura e Familia" xa está en funcionamento. Ao longo do mes de novembro abrimos os mércores, e algún xoves, as portas da biblioteca para vivir unhas xornadas de coñecemento da Biblioteca.
Pais, nais, avoas, achegáronse con vós á Biblioteca para compartir xogos cos escornabots, emprego de tablets para escanear códigos QR e ver vídeos feitos polo alumnado de 6º e busca de pista por todos os espazos da Biblioteca. Incluso os nenos e nenas de infantil ensinaron aos papás e mamás a colocar os libros e a xogar cos escornabots e moitas outras actividades.
Grazas Familias pola acollida tan boa! Grazas pola vosa participación e colaboración!!
domingo, 26 de noviembre de 2023
A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES contada pola mamá de Xano e Cova
Ola amiguiños e amiguiñas! Nesta semana estivemos a celebrar o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller". Fixemos pequenas curtas onde imaxinamos situacións violentas onde se critica, controla, insulta.... a unha muller/nena na vida diaria polo feito de ser muller/nena e como poñendo uns lentes de cor violeta as mesmas imaxes cambian e esa crítica, insulto, control pasa a ser admiración, valoración, apoio,...
Foi unha semana na que aprendemos que este día é para celebrar AS MULLERES E AS NENAS que son FORTES E VALENTES e que DEFENDEN OS SEUS DEREITOS.
Para entender mellor esta data a través dos contos, tivemos a sorte de contar con SARA BLANCO, nai de Xano de 1º e de Cova de 4º, que pasou con nós a "Hora de Ler" e contou "A historia dos bonobos con lentes". Tívonos moi enganchados, aprendemos moito e pasámolo xenial. Agora para conmemorar esta data compartímolo con todos vós. Agardamos que vos guste!!! Grazas Sara!!!
QUE ESTÁ A PASAR NA BIBLIOTECA?
miércoles, 22 de noviembre de 2023
SANTA ICÍA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o día de "Santa Icía" patrona da Música. A nosa compañeira Irene de 6º, como boa reporteira de "Radio Garabullo", e moi boa música, saíu as rúas a facer unha entrevista a dous músicos e compositores moi vencellados a Bandeira. A entrevista garda tamén a súa pequena sorpresa. Queredes escoitala?
Adiante Radio Garabullo!!
lunes, 20 de noviembre de 2023
DÍA DA INFANCIA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Cada ano o 20 de novembro celebramos o "Día da Infancia". Este ano os nenos e nenas de 5º estiveron investigando sobre o tema e crearon o mural da entrada do cole.
Non deixedes de pasar a ver o seu mural e escoitar este podcast que emitiron en Radio Garabullo para o comedor do cole.
CONXUROS SAMAÍN
domingo, 5 de noviembre de 2023
PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER
Ola amiguiños e amiguiñas!! Radio Garabullo continúa coas súas emisións, poñendo a andar programas, que tiveron moito éxito no comedor da nosa escola.
O xoves deu comezo o programa "Parabéns á hora de comer e as novas do tempo de lecer". Un programa clásico na nosa emisora, que dende o pasado xoves, retomaron os nenos e nenas de 4º. Nesta ocasión Mariña, Daniela, Zoe e Cova aproveitaron para felicitar aos compañeiros e compañeiras, e algunhas mestras, que cumpliron anos nos meses de setembro e outubro. Queredes escolalas?





