domingo, 2 de mayo de 2021
4º de Primaria entrevista a Gúmer Portas
sábado, 1 de mayo de 2021
DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR
viernes, 30 de abril de 2021
AMIGAS por Lía Enriquez de 2º
A pasada semana estivo dedicada ó "Día do Libro". Foron moitas as actividades que fixemos, entre outras recomendacións lectoras, contos bailados e contados, programas de radio,...
domingo, 25 de abril de 2021
DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2021
En Radio Garabullo estivo presente a lectura. Houbo radio en directo todos os días para o comedor, e o día 23 durante os patios de recreo. Nesta emisións fixéronse recomendacións de Libros CD. Libros co poder de axudar a combater o aillamento do COVID, reforzar os lazos entre as personas, amosar outro xeito de lectura e coma todos os libros estimular as nosas mentes e a nosa creatividade.
Tamén houbo un apadriñamento lector moi fermoso unhas nenas de 2º aproveitaron esta data para ler un conto para todos os compañeiros e compañeiras do cole. Un conto para o comedor. Un apadriñamento lector común a todos e todas moi emocionante. Sara e Yesica de 2º dedicáronlle a toda a comunidade educativa o conto A escaleira no comedor do luns axudadas por Candela e Carla de 6º
Aproveitamos esta semana para traer ós nenos e nenas de infantil á biblioteca. Todos puideron aprender como funciona agora e como facer para levar o seu contiño porque o COVID non pode acabar coa lectura nin coas bibliotecas.
Para rematar pequenos e maiores decidiron contar, cantar e bailar un conto para todos. Un conto moi divertido e entretido no que todos participamos. Un conto para ver, para bailar, para cantar, para ler, para rir!! Pete el gato: I love my white shoes
miércoles, 21 de abril de 2021
MARÍA FUMAÇA
A recomendación do libro CD que traemos hoxe é María Fumaça!!
María Fumaça naceu do amor e a loita por axudar e facer feliz a Ruí, un neno con parálisis cerebral. O que xurdiu coma un agasallo de Nadal para o pequeno Ruí da man da súa madriña, a cantante galega Uxía Senlle, e un grupo de amigos músicos, convertieuse nunha das propostas musicais infantís máis coñecidas en Galicia.
Escoitade a Uxía e Esther en Radio Garabullo falando de María Fumaça
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta semana dedicada ao libro CD ou á música das nosas bibliotecas non podíamos deixar pasar de largo as propostas de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Uxía Lambona e a Banda Molona é unha formación musical que naceu cun obxectivo preferente, facer música en galego. Os seus concertos trunfan entre o público familiar e algúns temas, como “A Carolina” ou “Parabéns”, son xa auténticos himnos.
lunes, 19 de abril de 2021
AS NOVAS Á HORA DE COMER: A semana do Libro
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe no programa "As novas á hora de comer" de Radio Garabullo recomendaron un conto musicado moi interesante e divertido. Un conto que nos gusta moito a todos e todas e que as vosas compañeiras empregan no seu programa de radio. Falamos de EXTRA de Paco Nogueiras:
A actualidade convértese en melodía e canción neste xornal musical cheo de ritmo, bo humor e diversión: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos... noticias que entran polos ollos, as mans e as orellas!!
Lembrade: EXTRA musicado por Paco Nogueiras e ilustrado por Marc Taeger; da editorial Kalandraka.
martes, 13 de abril de 2021
A ESCALEIRA, interpretado por Sara e Yesi de 2º
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Radio Garabullo contou cunha visita moi especial. Sara e Yesica de 2º foron a contar o conto: A Escaleira de Beatriz Montero, un conto moi divertido e un tanto cantarín. Escoitade a ver se vos gusta!
lunes, 12 de abril de 2021
AS NOVAS DE GARABULLO: Facendo Camiño
Ola amiguiños e amiguiñas!! Un ano máis celebramos a Semana da Prensa. As novas foron estudadas e analizadas nas aulas cos titores e especialistas. Cada curso traballou a prensa dende distintos puntos de vista aproveitando os xornais que se mercaron ao longo desta semana.Como nos gustou moito o traballo dos xornalistas decidimos facer unha gacetilla con novas do Camiño de Santiago. Participamos todos os cursos e creamos un xornal moi curioso, divertido e entretido.
Todos temos o noso pero aquí deixamos unha copia para que lle botedes un ollo.
PINTANDO O CAMIÑO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe deixamos un vídeo da participación do alumnado de 6º na actividade "Trasdeza pinta o Camiño" impulsada polo Concello en colaboración co Xacobeo 2021. A experiencia comezou cun traballo de aula a través de cadernos didácticos, unha saída por un tramo do Camiño de Santiago, O Foxo-Bandeira; na que coñeceron os recursos patrimoniais da zona. Estiveron acompañados e guiados polo persoal de amarelas e polos mestres do centro.
A actividade inclúe unha xornada de pintura en vivo, con Amalia López Brea "Luchi", dun dos enclaves de interés escollido polo alumnado.
Unha actividade fantástica e moi interesante que serviu para ampliar os coñecementos e actividades do noso proxecto de centro "Facendo Camiño"
















