lunes, 20 de abril de 2020

PARABÉNS NA HORA DE COMER!!

Ola amiguiños e amiguiñas!! Aínda que parecía moi difícil, Rosalía e Brais consiguen facer maxia e manter este programa nas ondas. Nesta ocasión, coma non había aniversarios, aproveitaron para felicitar ó alumnado que cumpre en XULLO. Tamén lembran o traballo estupendo dos compañeiros das distintas aulas; lembran datas especiais,... non volo perdades!!
Escoitade!! Escoitade!!


domingo, 19 de abril de 2020

AUGAMAR OU PLÁSTICO?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades que as medusas ou augamar son o alimento de moitos dos animais que viven nos mares e océanos?
Na actualidade aínda que reciclamos e tentamos reducir o consumo de plástico... os nosos mares e océanos están moi contaminados. Moitas tartarugas e peixes morren cada día por comer plásticos ao confundilos con medusas.
Os vosos compañeiros de 1º fixeron un experimento para amosarnos a dificultade que supón diferenciar un augamar dun plástico dentro da auga do mar ou do océano. Meteron un plástico nunha botella chea de auga,ao mover a auga o plástico realmente semellaba unha medusa. Mirade que video fixeron para vós e así colaborar co noso proxecto deste ano DESPLASTIFÍCATE!!


XUNTOS NAS ONDAS 2

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa tedes en Radio Garabullo a segunda emisión de "Xuntos nas Ondas". Neste caso é Guillermo de 6º o encargado de entrevistar a súa irmá Eugenia e preguntarlle polo súa experiencia no instituto. Xa sabedes que os de 6º están rematando o curso con nós e están moi intrigados por saber como será esta nova etapa académica. Non deixedes de escoitar este "Podcast"!!!




sábado, 18 de abril de 2020

DIGICRAFT

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe escribo en especial para os nenos e nenas de 4º, 5º e 6ºque participaban no proxecto DIGICRAFT.
Como xa imaxinades o proxecto  quedou parado nesta etapa de corentena. Seguiremos co apartado de Intelixencia artificial e robótica cando volvamos as aulas. 
Sen embargo hai unha nova moi interesante. O proxecto foi aberto para todos na seguinte dirección web: https://digicraft.fundacionvodafone.es/ 
Hai actividades propostas tanto para alumnado coma para as familias, e hainas para distintas idades e con distintos niveis de dificultade.
Anímovos a fedellar na páxina a todos, da igual de que curso sexades!! E... Quen sabe? Quizais á volta sodes vós os que nos ensinades un montón de cousas!! 
Unha aperta rapazada e moito ánimo!!!



lunes, 13 de abril de 2020

PARABÉNS NA HORA DE COMER... na corentena

Ola amiguiños e amiguiñas!! Remataron esta extrañas vacacións na casa. Xa sabedes que dende mañá os mestres e mestras volven a mandar traballiños para facer na casa. Tamén achéganse datas importantes como o "Día da Terra" e o "Día do Libro".... Pero quen mellor para contarvos todo iso que Brais e Rosalía de 6º que xa empezaron a traballar hoxe facendo o programa "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer"
Non deixedes de escoitalos!! Son fantásticos
E xa sabedes #EuQuedoNaCasa





sábado, 11 de abril de 2020

XUNTOS NAS ONDAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes na Escola e na Biblioteca estamos sempre pensando en vós. Que cousas podemos facer para estar máis cerca vosa?. Sabemos que este "encerro" cada un o vive dun xeito distinto, por iso decidimos facervos unha proposta. Un PROGRAMA DE RADIO no que todos e todas poidamos participar: XUNTOS NAS ONDAS
Na seguinte carta (que podedes descargar dende aquí) tedes toda a información. De todos os xeitos esta carta vai a chegar a todas as familias a través do correo electrónico.
Lede ben a información e animádevos a participar!!!

Hoxe foi Silvia Salgueiro de 6º a que se decidiu a abrir este programa. Aproveitamos para engadir un programa de radio feito polo alumnado de 3º con motivo da "Semana da Prensa" que pensamos é moi interesante para o primeiro programa porque fala do "Coronavirus".
Non deixedes de escoitalos!!
Ao remate do 1º programa de Xuntos nas Ondas tedes a carta por se queredes descargala.
Todos os programas serán colqados en IVOOX, na web do cole e aquí no Blog.
Moito ánimo e xa sabedes #EuQuedoNaCasa.



 



DESCARGAR 

#TeCuento

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe achégome a vós para ensinarvos outro xeito de contar.
Sabedes que hai nenos e nenas xordos, e que a elas e elas coma a nós encántanlles os contos. Preguntarédevos: "Como fan?".
Pois grazas a xente que traballa para asociacións e fundacións coma a CNSE  conseguiron crear un aplicación gratuita que se chama "tecuento". Grazas a esta aplicación os nenos e adultos poden editar de forma sinxela e divertida os seus propios contos na lingua de signos española. Para personalizar os contos pódense ilustrar as historias con imaxes propias e arquivalas para a súa reprodución tantas veces como se queira. Tamén se incorporan na biblioteca contos xa editados na lingua de signos española e subtitulalos. Coa primeira descarga inclúese o conto de "Platero y yo", a partir de aquí a biblioteca medrará con novas edicións creadas na Fundación CNSE ou por vós mesmos. Esta iniciativa está enmarcada no programa de promoción e fomento da lectura das pesoas xordas, especialmente dos nenos e nenas.
Coma vedes é un xeito novo de contar e, se queredes ver contos xa editados picade na imaxe e poderedes VER/LER/ESCOITAR/DISFRUTAR de este tipo de contos



viernes, 10 de abril de 2020

Cuarentena SEMANA SANTA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Non vos animades a mandarnos nada para que colguemos no blog. Agardamos as vosas fotos, os vosos contos, os vosos vídeos, un recitado de poesía, cousas de plástica entretidas e divertidas,... Un montón de cousas que seguro facedes todos os días.
Xa sabedes que tedes o correo de conversascongarabullo@gmail.com para contarnos todo o que queirades.
De momento seguimos mandando suxestións e enlaces de lectura. Lecturas en rede gratuítas para que vos entreteñades e tamén música e debuxos en galego.
Agardo que o pasedes moi ben. Premede nas imaxes e enlaces e xa poderedes ler, cantar e bailar ou simplemente ver debuxos en galego.
Xa sabedes que aínda que estamos na casa... SEMPRE estamos para vós.
#EuQuedoNaCasa 





Nos seguintes enlaces tamén podedes atopar:



Escolma de videoclips infantís con subtítulos realizada polo Departamento de Galego da EOI de Pontevedra.


SERIES DE DEBUXOS ANIMADOS EN GALEGO

Estas series están aloxadas na páxina Programas de Xabarín da TVG /CRTVG




sábado, 4 de abril de 2020

#EuQuedoNaCasa

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa sabedes que a profe Blanca lanzou un reto. "Facer un molinete" tinguindo as nosas casas de azul. Era un xeito de amosar o noso apoio aos nenos e nenas con autismo que tamén teñen que quedar na casa, pese a todas as dificultades que implica.
Nós, todos os profes e os que formamos parte da familia do cole, tamén quixemos sumarnos a este reto pero pensando tamén en vós e no moito que vos botamos de menos.
Agardamos que este vídeo vos guste moito. Foi feito con todo o noso cariño e admiración a vós, os nosos nenos e nenas, que sabedes adaptarvos a todas as situacións.
Seguide a mensaxe do "Día Mundial do Autismo"
PODO APRENDER, PODO TRABALLAR.
Parabéns a todos polo voso esforzo

#EuQuedoNaCasa



jueves, 2 de abril de 2020

Día do Libro infantil de Xuvenil e DÍA MUDIAL DO AUTISMO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
A profe Blanca na páxina web, dentro da parte que dedicamos a aula de Música, lembrounos a importancia dunha data coma a de hoxe para achegarnos e facernos recomendacións músico literarias.
Tamén rétanos a tinguir este día de cor azul facendo un molinete.
Se picades na foto podedes acceder directamente á páxina web e ver as recomendacións de Blanca.
Aproveitando os seus consellos nós tamén queremos propoñervos un reto:
Cada un de vós pode facer o seu molinete azul ou decorar os nosos balcóns de cadenetas azuis, pancartas, coma propón Blanca, tamén podemos facer vídeos pequechos cunha mensaxe para conseguir un mundo máis inclusivo e compartídeo con nós. Enviade un foto ou un vídeo pequeno ao noso correo conversascongarabullo@gmail.com
Unha vez cheguen iremos facendo un vídeo que será publicado aquí e na páxina de cole e neste Blog. Unidos todos
#DiaMundialAutismo
#EuQuedoNaCasa



Coma tamén é o Día do Libro infantil e xuvenil sumámonos á proposta que Cristina a mestra de 1º de primaria lle fixo aos seun nenos e nenas. Unha foto cun libro da súa biblioteca persoal. Mándovos un exemplo de coma fixeron Xoan de infantil e Sara e Xabi de 1º. Tamén podedes contar por que elexides ese libro ou ler un cachiño do mesmo. Lembrade o correo conversascongarabullo@gmail.com.




E coma lectura recomendamos:

Páxinas do Diario de Simón
Páginas del Diario de Simón é unha aproximación ao autismo a través dos ollos dun neno, que narra en primeira persoa, a súa vida escolar e a influenza dun compañeiros que lle moveu o seu mundo. Cóntanos a historia de Simón, un neno de Primaria que empeza un diario que comeza coa chegada á clase de Héctor un rapaz con autismo que rematará sendo o seu amigo inseparable.