jueves, 9 de mayo de 2013

Primeiro Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Aquí de novo para amosarvos o poema que recitaron onte os nenos e nenas de primeiro. Neste caso o título do poema é "Un repoludo gaiteiro". Un poema tamén de Rosalía de Castro pero que na voz destos nenos e nenas gaña vida, gracia, tenrura...
Queredes velo? Pois eso esta feito!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 8 de mayo de 2013

Segundo Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas de Bandeira!!
Gustouvos o poema de segundo? Hoxe recitou "Quíxente tanto meniña" tamén de Rosalía de Castro da obra Cantares Gallegos.
É fascinante observar día a día a ilusión que poñedes para que todas as actividades feitas no centro sexan tan amenas, divertidas e merezan a pena.
Parabéns polo voso traballo
Aquí deixo o poema de hoxe e espero con moita ilusión o de mañá, que lle toca a primeiro.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 6 de mayo de 2013

Infantil libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas.
Comezamos a semana adicada ás Letras Galegas. Como primeira guinda os nenos e nenas de infantil recitaron o poema de ROSALÍA DE CASTRO Has de cantar.
Que dicir do recital? Só podo dicir: "Escoitade e aplaudide" porque o fan de marabilla.
Agardo que vos guste tanto coma a min.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 5 de mayo de 2013

OBRADOIRO CUN FERREIRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Moito traballo!! É unha experiencia fantástica ver o ben e o moito que traballades...
Pois ben, hoxe, para rematar cos "apadriñamentos de palabras" deixo unhas imaxes da charla que tivemos co Ferreiro. No noso "taller de ferreiros"  pouco a pouco aprendemos como funcionan as ferrerías. Que cousas se fan, as ferramentas que se empregan, como avivar un lume ou como amañar a roda dun carro... Soupemos como estos oficios requiren moito tempo e paciencia pero que o resultado é diferente do que consegue unha máquina.
Moitas grazas ao señor Ferreiro por deixarnos un doce sabor de boca e por compartir con nós o lado fermoso do traballo do "Ferreiro".
Para el e para todos vós unha mostra do que ese día aconteceu na Biblioteca.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 29 de abril de 2013

O COIRO

O mércores 17 de abril foi un día moi especial para os rapaces e rapazas do 2º ciclo. Tiveron a grande sorte de contar coa presencia do artesán do coiro silledense Xosé Villar.
Xosé foi quen de mergullarnos no fascinante mundo do coiro. A través das súas explicacións coñecemos as distintas utilidades e aplicacións deste material, non só na actualidade, senón dende a prehistoria. Falounos das súas características, as distintas e infinitas posibilidades que ofrece o coiro así como das ferramentas que se precisan para traballar nel.
Non só escoitamos as súas explicacións, tocamos unha grande variedade de peles de animais moi diversos: ovella, potro, cabra, vaca,... e outras tan curiosas como a do lobo marino, a do canguro, a da serpe, a da raia ou a do tiburón.
Só podo dicir en nome de todos GRACIÑAS Xosé pola túa xenerosidade e por compartir un pouco do teu tempo e da túa maña e sabiduría connosco. Os rapaces do segundo ciclo non esquecerán nunca as túas verbas unha tarde de mércores na biblioteca.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 25 de abril de 2013

LECTURAS COMPARTIDAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!!A mañá do martes foi unha mañá divertida, emocionante. Unha mañá de lecturas compartidas. Nenos e nenas, grandes e pequenos compartindo os seus contos, disfrutando de cada aventura, rindo e emocionándonos cos protagonistas das historias... como di o noso lema "Lendo porque nos peta"
Que mellor xeito de agradecervos a todos e todas a vosa participación nas lecturas compartidas, que amosando o que puiden ver eu dende a miña ventana da biblioteca?


Agardo que vos guste!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 23 de abril de 2013

SEMANA DA PRENSA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Lembrades todas as novas que fomos recollendo ao longo da semana da prensa e que íades colgando no "Tendal" das NOVAS DE BANDEIRA?.


Todas esas novas foron gardadas diariamente para facer con elas un enorme periódico que podesde ollar cando queirades na biblioteca e que aquí deixo neste video para que gocedes e busquedes o voso traballo.
Parabéns por tanto esforzo, tanta colaboración e tan fermosos resultados.



Un Saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 22 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Mañá é 23 de abril e celebramos O día do Libro. Nas bibliotecas prepáranse actividades para conmemorar este día. Nós tamén o faremos.
Aproveitando o bo tempo faremos lecturas compartidas no patio de infantil. Grandes e pequenos seredes protagonistas na lectura dos contos que nestas semanas estivechedes escollendo na biblioteca.
Ao rematar esta lectura compartida, que mellor cousa! que trocar un libro por unha frase, poema, debuxo,... algo feito por vós que remate a frase:

"Un Libro para min é..." 

Espero a vosa colaboración e ademáis como todo libro ten que ter un marcapáxinas levaredes un de agasallo.
Agardo que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!   

APADRIÑADOR DE PALABRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Este ano apadriñando palabras traballamos o mundo dos artesáns.
Nas aulas dende infantil ata o terceiro ciclo de primaria fumos buscando información dos oleiros, dos ferreiros, dos artesáns do coiro ou dos cesteiros.
Con toda a información recollida fixemos unha fermosa exposición con ferramentas, materiais ou cousas feitas polos distintos artesáns.
Aprendemos moitas curiosidades destes oficios e tanto o primeiro ciclo como o segundo tivo a sorte de ter unha charla con estes artesáns.
O resultado, inmellorable!! Aquí deixo unhas fotos do que foi un interesante traballo no que todos e todas aprendemos un montón de cousiñas.
Agardo que vos guste.


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 10 de abril de 2013

JOSÉ LUIS SAMPEDRO


Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe as Bibliotecas escolares unímonos para decirlle adeus a José Luis Sampedro, novelista e autor de importantes libros de economía. Un grande loitador e defensor dos seus ideais, un nome co que sempre asociamos e asociaredes intelixencia e pensamento,...
Con este agarimoso abrazo desexámoslle moita sorte no seu novo andar.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!