miércoles, 11 de febrero de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe en moitas escolas celebramos o "Día da Muller e da nena na ciencia" Os compañeiros e compañeiras de 5º están a preparar cousas moi bonitas para conmemorar esta data.... Pero decidiron ir contando pouco a pouco e unila ao co 8M "Día da Muller". 

Así todo quixeron achegarvos esta proposta da Unidade de Divulgación Científica da UDC, que convoca unha nova edición de Atrévete a pescudar con elas!, unha iniciativa dirixida a todos os compañeiros e compañeiras de primaria.

Primeiro tedes que ollar este vídeo no que  investigadoras da Universidade da Coruña achegan o mundo da investigación ao ámbito educativo, compartindo non só a súa traxectoria científica e profesional, senón tamén vivencias persoais e anécdotas que buscan espertar a vosa curiosidade e interese pola ciencia e pola carreira investigadora.

Teríades que enviar unha pregunta e entre todos os centros participantes sortearase unha visita aos centros de investigación do Parque Tecnolóxico da UDC coa súa clase.
Animádesvos a buscar a pregunta gañadora?
En todo caso o alumnado de 5º espéravos mañá no patio cun agasallo...

0 comentarios: