Ola amiguiños e amiguiñas!! O curso non rematou, así que as actividades do Lembecazolas e as receitas saudables seguen a ser ben recibidas.
A pasada semana a mestra de 6º de infantil, Leticia, fixo unhas tortitas de plátano co seu fillo. Quedaron tan ricas que decidiu ensinarlle a súa clase a facelas e organizar así "Un fantástico e divertido venres de merenda".
Nós aproveitamos para ensinarvos as súas receitas e recomendar un par de libros de receitas que podedes atopar na biblioteca para ampliar as vosas merendas!!
Comezamos con Frutas divertidas de Iryna Stepanova. A creatividade e a froita unidas para facer ricas merendas.
Continuamos con Sin dientes y a bocados de Juan Llorca. Unha guía completa accesible e imprescindible; ideal para axudar a resolver dúbidas frecuentes sobre o paso da lactancia á alimentación complementaria regulada e dirixida polo propio bebé.
Outro podería ser Aventuras e desventuras dos alimentos ultraprocesados de Teresa Benéitez. Algunha vez tivéchedes curiosidade por saber de onde veñen todos os alimentos que aparecen na nosa mesa?
0 comentarios:
Publicar un comentario