Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos de volta!! Atrás deixamos o Entroido, pero o traballo continúa. Achégase o 8M. O "Día Internacional da Muller" e o alumnado de 3º achéganos un montón de propostas!!
Sabedes que este ano traballamos con contos...Pois, buscando un conto os nenos e nenas de 3º atoparon unha biografía de Ada Lovelace, unha muller pioneira na ciencia e na informática. Foi tan importante que dende 2009, celébrase o "DÍA DE ADA LOVELACE" o segundo martes de outubro, para visibilizar o traballo das mulleres STEM (mulleres que destacan no mundo da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).
A clase estivo traballando co conto e grazas a isto fixo esta reportaxe dende a Aula de Polos Creativos, onde deixaron un póster para lembrar a esta científica.
Aquí tedes o póster:
Ademais, para todos os que recordedes a serie dos Lunnis de Leyenda ( e tamén para os que non) propoñémosvos que disfrutedes dass ocurrencias coas que os personaxes dan a coñecer a Ada Lovelace. Con canción incluída!!
Agora si, non todo vai ser observar. Para poñer aínda máis, se cabe, en valor ás mulleres ó longo da historia, esta clase estivo experimentando co Lapis 3D. Elaboraron rostros de mulleres importantes da ciencia e das letras, contando, por suposto, con exemplos galegos. Explícannos como se emprega este lapis para que logo probedes todos.
Video titorial lapis 3D:
Mulleres importantes da ciencia e das letras!!
0 comentarios:
Publicar un comentario