Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte tivemos a sorte de ter no cole a Cristina Collazo e a Manu, os pais de Manuela de 3 anos. Ambos son músicos de recoñecida fama.
Foron os elfos elexidos polo "Apalpador" para avisarnos de que o Nadal está a chegar. Coas súas castañas cargadas de relaxación, amizade e música fixéronnos pasar un ratiño moi divertido e ver que xa chegan as vacacións!!
O alumnado de 5º non quixo perder a ocasión de facerlles unha entrevista para Radio Garabullo e isto foi do que falaron.
Grazas Cristina e Manu polos momentos tan marabillosos e doces que compartimos.
0 comentarios:
Publicar un comentario