ATA SEMPRE 6º!!!
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Rematamos!! Chegaron as vacacións e toca
descansar e gozar do tempo libre como máis vos apeteza!!! Eu quedarei por aquí
agardando por vós, lendo novas historias para contárvolas á volta!!!
Pero antes de pechar este curso
quería dedicarlles unhas verbas ós nenos e nenas de 6º que tiveron que deixar o
cole dun xeito tan “raro”, sen despedidas.
Ola 6º!! Hoxe esta entrada está
dedicada a vós. Un curso que sempre creu na Biblioteca e en min “Garabullo”.
Non podo deixarvos marchar sen despedirme de vós.
Foi un pracer compartir con todos vós
estes anos de Biblioteca, e especialmente este último tan intenso que nos tocou
vivir...
Grazas por crer en min, pola ilusión
que sempre puxestes en todas as actividades que vos propuxen, polos debuxos,
polos contos, polas recomendacións, pola axuda na radio...GRAZAS POR TODO!!!
Botareivos moito, moito de menos axudantes
de 6°. Agora comezades unha nova etapa no instituto, moita sorte!!! Non
esquezades esta biblioteca que medrou con vós e cambiou coas vosas propostas.
Seguide levando a lectura por onde vaiades e regalade ilusión e a imaxinación a
través dun conto.
Garabullo, a mascota da biblioteca
que cobrou vida grazas a vós, e o Equipo de Biblioteca do que a vosa titora
forma parte queremos desexarvos o mellor nesta nova etapa tan marabillosa que
vos tocará vivir. Aprendede, gozade, divertídevos.... e lede! Nunca esquezades e
facede voso o lema da biblioteca que sempre nos acompañou: “Lemos porque nos peta”
Agora toca descansar e gozar do tempo
libre como máis vos apeteza!!! Eu quedarei por aquí agardando, lendo novas
historias para contárvolas á volta!!!
E que mellor maneira de rematar que
con esta foto de cando empezastes e unha das últimas de todos na biblioteca
neste curso singular e diferente que de seguro quedará no noso recordo para
sempre...
Adeus!! E xa sabedes... VÉMONOS NA
BIBLIOTECA!!!
Garabullo
ASÍ EMPEZAMOS TODOS XUNTOS
AGORA DÍGOVOS ADEEEUS!!! en non esquezades:
"Lemos porque nos PETA"
Non vos esqueceremos!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario