domingo, 17 de mayo de 2020

Desplastifícate de 6º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano a biblioteca propoñía coma proxecto para traballar entre todos o problema dos plásticos. Baixo o nome de "Desplastifícate" foise traballando ó longo do curso nas distintas aulas e en diferentes ocasións. Hoxe é o alumnado de 6º o que nos presenta un traballo que une o amor á terra e a necesidade de eliminar, reducir e reutilizar o consumo de plástico. Unha posibilidade de darlle a un producto perigoso para o noso medio ambiente a posibilidade de xenerar vida. No seu proxecto déronlle vida ás botellas de plástico convertíndoas en macetas de decoración con fermosas plantas, en sementeiras de vida e en pequenas hortas urbanas. Cada un tirando das súas posibilidades e imaxinación. Un fermoso traballo unido a unha música que levanta esa paixón polo noso, pola nosa terra, polo coidado dela... coa música de Uxía Lambona e a Banda Molona e o seu tema "Verdescente" así nos amosan o seu traballo. Só podo dicir "FERMOSO".


0 comentarios: