jueves, 23 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o "Día Internacional do Libro". Unha celebración importante para a Biblioteca porque moitos de vós mandástedes moitas cousas para lembrarnos o importande que é a lectura neste momento, cando temos que quedar na casa.
É divertido ver como ensinades a ler e xogar cos contos, a buscar aqueles contos que xa tiñamos esquecidos e "rescatalos" para lelos outra vez, a facer marcapáxinas, a contar os contos lendo ou dar pistas do "chuli" que é un libro ou outro. Falades de moitos libros. De libros de maiores con moita letra e libros ilustrados con apenas letra, de libros que cantan e de libros de animais, de libros de aprender e de cómics,...
Falades de moitos contos. Cada un de vós contoullo á súa titora, dende as vosas casiñas, porque a lectura é esa aventura que nos acompaña sempre... e cando semella que xa non podemos facer nada... volven os contos para xogar con nós, para ensinarnos moitas cousas, para levarnos a mundos descoñecidos,... Os contos nunca nos abandonan, nin nós a eles.
Hoxe celebramos o "Día Internacional do Libro" aínda que para nós os libros se celebran sempre!!!
Felices Lecturas nesta corentena!!!


0 comentarios: