Como todos os anos fixemos os 9 días con 9 libros para que rotaran polas 9 aulas e celebrar así, dende a escola, as lecturas pola PAZ. Rematamos o venres cando proxectamos o conto feito entre todos Unha longa espera.
Como sodes moitos os que queredes os contos para levar ás vosas casas e poder gozar deles aquí deixo unha breve nota de cada un e ademáis se pinchades na imaxe podedes ollar algún vídeo do conto.
![https://www.youtube.com/watch?v=k3O_IJ49KOc](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhuQD9ZQU1v0H4dZGsY2lP1xqjvpDjtpJ-U1ecNw1KgETj8vLNl7ZhKqSgr7uez9qMFgc5z-gV1qhNTS_pH8JSeZ9WH66-AKBLJPwjJ7hYiOis9vAy3i2aay0Vo2a9FaYsuH3RGj67Aj_kJ/s200/84-348-8158-6_g.jpg)
UNO Y SIETE da editorial SM
Este conto de Gianni Rodari e ilustrado por Beatrice Alemagna descúbrenos que por moi distintos que sexan os lugares de orixe e as súas linguas, os sete nenos deste conto parécense moito a nós e entre eles.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiuiOSl6CNcVX63dRiKgCldZrXjjJou3dy99xxcRxWo9wMcEeQsS_ymQt4ZFhtBX0KsfeWVYBRM09GBASPDeGpePRi3JFVT2v4dYM4dkjkkWBCIde7t9VBI0bsO59-K5z8JxhcQdqjOhDtp/s200/371.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjdCyuS_TqLeTHIQmH5PoC8iDV45sqGa0fhSRW_moUSdqfKzX69oO8X0NQiRWXX_PYQdOHOANTWnYvOuJiMN0vHZS0l5sQ-icJi7f06zlMMkbZAcmgADOm9U7RvT8mI1goFsPRHMrJIq1Jo/s200/el-deshielo.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiUmbidV4CvjHSsMZb9e9HBHcYMf87qAK1D1HKcg0WZOUP37u14fy3BUmK5MrMlWAw-uN5ge83bwN6QOJLjyOvDZFpCMWi4UDLoVoBI-fTEy9Biw9_jtS8F195pMO7hc8WswURyh8kBF4Mn/s200/cerca-ES.jpg)
CERCA un conto de Natalia Colombo. Gañador do I Premio Compostela é unha fábula contemporánea sobre a incomunicación, unha reflexión poética entre as persoas e as súas emocións.
GATIÑO E O BALÓN de Joel Franz Rosell coa ilustración de Constance v. Kitzing. Neste conto un pequeno veciño deberá atopar o seu lugar na comunidade e aprender a facer amizades. E para iso non hai nada mellor que un achádego redondo: o balón será quen de deixar compartir xogos e topar aventuras en compañía.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgiWtp4PSdbGdv0TGQfeiO1HME9AfUr0-RZd6L1xMaCTZZFAMC3uc-MGNuMbZKj6GssyuSVO8UCQVPEEybYHjLNf2ufsuJmWT4nYpCgm6DXmMMgd_UmbhHSzJ-wM_mpE4XYlTRklhoV-pYW/s200/O-nacemento-do-dragon-G_01.jpg)
"Tras a morte do seu neno, o Señor M. abandonou todo. Só gardou un osiño de la, e unha cadeira para viaxar. Na estación, o Señor M. mercou un billete, só de ida, para calquera sitio. Viaxaba sentado sobre o último vagón."
LOS NIÑOS NO QUIEREN LA GUERRA de Èric Battut.Qué fermoso era aquel país onde se instalaran! Alí counstruíran dous castelos, un tan bonito coma o outro. Pero un día, os dous reis decidieron declararse a guerra. Cal foi ese motivo? Merece a pena?...
MALALA de Jeanette Winter.
Dous nenos pakistaníes denunciaron a inxustiza no seu mundo. Primeiro foi Iqbal Masih, quen denunciou a esclavitude infantil nas fábricas de alfombras de Pakistán. Logo, Malala Yousafzai reivindicou o dereito das nenas a ir á escola. A valentía coa que afrontaron o perigo resulta inspiradora para todos aqueles que coñecen a súa historia.
0 comentarios:
Publicar un comentario