Hoxe temos as de:
Marta de 4º que escolleu Kika Superbruja de Knister, da editorial Bruño, ideal para pasar unha tarde de verán pensando en facer maravillosos feitizos.
Lois, Adán, Mikaela e Aroa de 3º que escolleron: Valores de Oro de Cristina Núñez Pereira, da editorial Palabras Aladas, porque saben que se perseguimos o noso soño podemos acadalo.
Para Eugenia de 4º, Cereza Guinda de Benjamin Lacombe e publicado en Edelvives é un conto fermoso. Temos que pensar o importante que pode ser unha mascota nas nosas vidas.
Rocío de 6º escolleu A zorra e as uvas de La Fontaine, da Editorial Susaeta. Dende pequeña disfrutou deste conto e agora tócavos a vós telo na vosa biblioteca
Agardo que vos gusten estas recomendacións. Deixo un vídeo onde contan eles de primera man o que pensan destes contos.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario