
Hoxe reunímonos na aula de usos múltiples para celebrar o
"DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO".
O centro sumouse á proposta da
Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega que nos convidaron a realizar actividades encamiñadas a afondar na obra e na vida de Rosalía, e que así cada un de vós fose quen de descubrir con que facetas da nosa autora se sentía
máis indentificado.
O vídeo resultante da gravación de
"Eu son Rosalía cando..." foi proxectado hoxe na escola.

Despois tivemos unha doce sorpresa.
A ANPA BRINCADEIRA agasallounos cunha lambetada, para celebrar este día. Unha lambetada que pintou a nosa
"lingua de cores". Foi unha sorpresa fantástica e dende aquí dámosvos as grazas por ese doce momento.

Tamén dámoslle as grazas ao
CONCELLO que enviou un
marcapáxinas de Rosalía para cada un dos nenos e nenas da escola. Para que non esquenzamos a importancia desta poetisa coa que descubrimos que temos moitas cousas en común xa que...
TODOS SOMOS ROSALÍA