Ola amiguiños e amiguiñas:
Estamos a preparar o DÍA DA PAZ. Hoxe ao chegar ao cole
sorprendémonos cun bonito mural.
Unha mandala que nos amosa a lectura
como un camiño para a paz. Ao longo de 9 días faremos 9 lecturas para
conmemorar esta celebración.
Os maiores lembrarannos frases célebres referidas á PAZ.
O cole, en conxunto, faremos o noso propio conto. Así todos xuntos o día 30 de xaneiro pecharemos as actividades adicadas a esta conmemoración cunha sorpresa para todo o centro.
Espero que estes contos vos gusten,
divirtan e que a través deles poidamos achegarnos un pouquiño máis ao
que significa a palabra PAZ.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
viernes, 18 de enero de 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario