O 24 de outubro os nenos e nenas de todas as aulas pasamos pola biblioteca para escoitar a canción composta polos compañeiros e compañeiras de 6º para celebrar este día. Recibimos como agasallo un afialapis azul que imita un colector de papel. Lembrade que non debemos esquecer a importancia de reciclar o papel para protexer os nosos montes....
Non vos chama a atención o agasallo? Traerá algunha mensaxe?...Estade atentos!!
Xa estamos aquí xuntos outro ano máis na nosa biblioteca, sempre igual e sempre con cambios para invitarnos a pasar fermosos ratos de aprendizaxe e de lecer.
Hoxe, coma cada ano, celebramos o "Día das Bibliotecas". Os vosos compañeiros e compañeiras de 6º compuxeron unha canción para facer do día de hoxe un día diferente.
Todos tivemos un momento de diversión e marchamos co noso agasallo. Un afialapis que é coma un colector de papel para lembrarnos a importancia da reciclaxe. Agardo que o pasárades moi ben.
A capacidade que tedes nas vosas mans de crear é inmensa. Non deixedes de inténtalo. Así fixeron Carme e Luisa, colleron Catavento de María Victoria Moreno e compuxeron unha canción. Letra, música, rtimo,... Unha fermosa canción para homenaxear á gran escritora a quen lle dedicamos as Letras Galegas.
Este ano seguimos dándolle voltas á nosa biblioteca. Chegou a tele e así a aproveitaron os nenos e nenas de 5 anos nun intre de relax despois do traballo.
Entre outros contos Xoeliki foi un dos que formaron parte do Itinerario lector de 5º. Gustoulles tanto que seguiron lendo as aventuras de Xoeliki que atoparon na biblioteca e recoméndanvos estas lecturas de cara ao verán. Escoitade o que vos contan!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Feliz Feroz é un dos contos que traballaron os nenos e nenas de 2º dentro do seu itinerario lector.
Gustoulles moito e quixeron compartilo cos compañeiros e cos seus pais. Como contarlles o conto entre todos dun xeito diferente e divertido? Decidiron empregar o retroproxector. Todo feito por eles. É fantástico!!! Ollade!!
Hoxe celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente". É un evento global e liderado pola ONU que se celebra hoxe en todo o mundo. Cada ano se organiza entorno a un tema. Este ano é SEN CONTAMINACIÓN POR PLÁSTICO. O alumnado de 5º está rematando un traballo relacionado co Medio Ambiente. Pronto lerán un Kamishibai para todos e cerrar así este curso. O libro escollido foi o de Wangari e a importancia desta muller na repoboación de árbores en todoa Kenia e tamén co fin de mellorar a calidade de vida das mulleres do seu país.
Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 2º os que achegaron á importancia do Día Mundial do Medio Ambiente a nosa escola. Foron investigando por que celebramos esta data e a súa importancia.
A través so seu cartel cheo de información anímannos a deixar a nosa pegada na loita contra a contaminación. Este ano prestando especial atención a redución de plásticos, pero os vosos compañeiros tamén amosan os seus desexos coas súas propias pegadas.
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "MELLORAMOS CANDO RECUPERAMOS"
Ao longo deste curso e do seguinte pretendemos recuperar e renovar os distintos espazos do cole.
ESPAZO CREATIVO
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa e Polos Creativos
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO