Ola amiguiños e amiguiñas!! Que guapos estades cumprindo os mandadiños. Os feitizos do Meco puxeron o cole ao revés e nós cambiamos os pés.
jueves, 27 de febrero de 2025
OS MANDADIÑOS DO MÉRCORES
Ola amiguiños e amiguiñas!! Que guapos estades cumprindo os mandadiños. Hoxe tocaban colares, garabatas, bufandas,.... Algo de colgar!!
martes, 25 de febrero de 2025
OS MANDADIÑOS DO MARTES
Ola amiguiños e amiguiñas!! Que guapos estades cumprindo os mandadiños. Hoxe tocaba de animaliños!!
RECITAL DE ROSALÍA DE CASTRO
Ola amiguiños e amiguiñas!! O luns celebramos o "Día de Rosalía". Foron moitas as actividades que se foron facendo para homenaxear a esta grande escritora galega. Dende crear un recuncho nas escaleiras do cole dedicado á poeta, pasando pola plantación de pensamentos ou xogando cos escornabots para ver cantas cousas sabemos da nosa galega ilustre. Rematamos as actividades cun pequeno Recital. A continuación iremos plasmando pequenos vídeos onde se recollen os mellores momentos da conmemoración do "Día de Rosalía".
OS MANDADIÑOS DO LUNS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa saen os primeiros mandadiños do Meco. Que guapos saídes todos coas vosas flores. Mil formas de lucir un complemento diferente.
viernes, 21 de febrero de 2025
Día de Rosalía
Ola amiguiños e amiguiñas!! Achégase o "Día de Rosalía de Castro" e lembrámosvos que ademais de todas as cousiñas que tedes para traballar na aula podedes voltar a ver este vídeo que se fixo hai anos no cole ou o traballo de Rosalía que fixeron os vosos compañeiros e compañeiras de 4º o ano pasado.
TRABALLO DE ROSALÍA: Feito polo actual alumnado de 4º o curso pasado en colaboración co CEIP Otero Pedrayo de Amoeiro
jueves, 20 de febrero de 2025
OS MANDADIÑOS DO ENTROIDO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chega o Entroido e para adiantar os vosos disfraces os nenos e nenas de 2º propóñennos os mandadiños do Entroido para este ano. Ide buscando unha cousiña para cada día. Xa sabedes!
Non se acumulan!!
Cada día un complemento distinto!!
O último día DISFRACE LIBRE!!
miércoles, 19 de febrero de 2025
LUNA LLENA
martes, 18 de febrero de 2025
TRES ANOS APRENDE A FACER CHAPAS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os nenos e nenas de 4º de infantil visitaron a biblioteca e aprenderon a facer as súas chapas. Mirade como traballaron e o ben que o pasaron.
4º visita Radio Pontevedra (Cadena Ser)
Ola amiguiños e amiguiñas!! Mañá dia 19 de febreiro o alumnado de 4º visitará a emisora de Radio Pontevedra, Cadena SER, en Pontevedra para recibir unha formación de Radio na propia emisora. Despois participará en directo na emisión do programa "Hoy por hoy Pontevedra", para conectar no dial 98.7 FM ou picando na imaxe.
TEATRO DE 1º
Ola amguiños e amiguiñas!! Hoxe os nenos e nenas de 1º de Primaria interpretaron "Os tres Porquiños" e "Carapuchiña Vermella" para o alumnado de infantil. Tiñan ata entradas e foi moi divertida. Pasámolo xenial!!
lunes, 17 de febrero de 2025
APRENDAMOS XUNTOS
Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos o "Día dos Namorados e da Amizade". Despois dunha semana de traballo en Polos Creativos con materiais variados as distintas aulas fixeron pulseiras para agasallar aos compañeiros e compañeiras . Queredes ver como quedaron e o felices que fomos intercambiando os nosos agasallos?
TEATRO DA MAN DO ALUMNADO DE 1º
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe estamos de sorte! Os nenos e nenas de 1º van a representar dous contos para os compañeiros e compañeiras de infantil:
Os tres porquiños e Carapuchiña Vermella
Temos entrada e todo!!
sábado, 15 de febrero de 2025
CHAPAS EN 5º DE INFANTIL
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 13 de febreiro os nenos e nenas de infantil visitaron a biblioteca. Estiveron mirando contos e xuntos leron Chuvisca un conto de Fernando Pérez Hernando da editora Kalandraka.
Despois aproveitaron para facer unhas chapas para levar de recordo.
viernes, 14 de febrero de 2025
TITORIAL DE CHAPAS POR 2º
Ola amiguiños e amiguiñas!! Os nenos e nenas de 2º foron a Polos Creativos para facer chapas con motivo do Día Mundial da Radio. Aproveitaron para deixar un titorial de como se emprega a chapadora e fixéronnos un cartel moi chuli. GRAZAS!!
LIGA SAUDABLE
Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes participamos na "Liga Saudable" PLÁTANO DE CANARIAS. Dende este blog favorecemos que poidades entrar nos enlaces para xogar dende a casa e participar neste concurso tan divertido. Os compañeiros e compañeiras de 3º pasaron a primeira ronda gañando un PREMIO para o cole. Moitos Parabéns polo voso traballo!!! Pinchade na imaxe para velo.
DÍA MUNDIAL DA RADIO
Ola amiguiños e amiguiñas!! Este foi o programa que fixeron os nenos e nenas de 1º para presentar aos seus compañeiros e compañeiras de 5º e celebrar así o "Día Mundial da Radio".
Este ano o alumnado de 5º de primaria participou na celebración do Día Mundial da Radio emitindo dende Radio Garabullo un podcast sobre o Cambio Climático, colaborando así con Rede Espora e Ponte nas Ondas. Non esquezamos, ademais, que este ano o "Día Mundial da Radio" está dedicado "A radio e o cambio climático". Con esta iniciativa preténdese dar apoio ás emisoras de radio na cobertura periodística deste tema.

lunes, 10 de febrero de 2025
ENTREVISTA A CARMEN DE 4º
Ola amiguiños e amiguiñas! O semana pasada foi o aniversario de Carmen de 4º. Lola, Henar e Martina de 4º decidiron facerlle unha entrevista para saber como pasou o seu día. Escoitámolas?
jueves, 6 de febrero de 2025
Visita da mamá de Leire de 3 anos
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado mércores tivemos a sorte de contar coa visita da mamá de Leire de 3 anos que ver a facer unha visita a infantil e aproveitou para contarnos dous contos: Voy a comedte e "lmer.
Voy a comedte de Jean Marc Derouen
Elmer d eDavid Mckee
Que ben o pasaron!!
AS BOLBORETAS
Ola amiguiños e amiguiñas!! Os vosos compañeiros e compañeiras de 4º despois de traballar co conto "A bolboreta Arlequina" quedaron prendados polas curiosidades das bolboretas. Decidiron investigar e isto foi o que descubriron.
lunes, 3 de febrero de 2025
A bolboreta que visitou infantil
Ola amguiños e amiguiñas!! Hoxe no patio de infantil tivemos a sorte de ter unha fermosa visita. Despois de tanto escoitar falar da "Bolboreta Arlequina" unha bolboreta veu a posarse nas mans de Aroa de 5º de infantil. Que emocionante!!
SAEN AS MOCHILAS DE INFANTIL
Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe comezaron a saír as primeiras mochilas de lectura de infantil. Con moita ilusión viñeron no recreo a escoller os seus contos. Ollade que contentos!!
domingo, 2 de febrero de 2025
ROSALÍA MORLÁN
Ola amguiños e amiguiñas!! Este ano celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e da Paz" dun xeito diferente. Falando e aprendendo moitas cousas e palabras bonitas da man de Rosalía Morlán. Grazas a asociación AÚPA DEZA tivemos a sorte de coñecer a esta escritora tan marabillosa, autora de "A bolboreta Arlequina".
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas. Dende aquí damos as grazas a asociación AÚPA DEZA e a Rosalía por unha xornada que os nosos nenos e nenas non esquecerán. De momento picando na foto o comentario da prensa e pronto máis cousiñas da visita de Rosalía.
LECTURAS DA PAZ EN PRIMARIA
Ola amiguiños e amiguiñas!! Continuamos coas "Lecturas pola PAZ". Neste caso dos nenos e nenas de primaria. Compartiron tres contos en tres días:
Ladrón de palabras de Nathalie Minne
LECTURAS POLA PAZ de 6º a infantil 1º e 2º de Primaria
Ola amiguiños e amiguiñas!! Acabamos de rematar a Semana dedicada á Paz.
Cada ano o 30 de xaneiro celebramos o "Día Escolar da Non Violencia e a PAZ. A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, e o respecto aos Dereitos Humáns, a non violencia e a paz son os motivos para conmemorar esta data e para NÓS a lectura o camiño.
A lectura cos compañeiros e compañeiras dentro da aula, e a lectura dos maiores aos pequenos.
Os nenos e nenas de 6º achegáronse aos cursos de infantil, 1º e 2º de primaria para contarlles un conto da PAZ e falar del cos pequenos.
Queredes velos contar?
Aquí temos a María Fe, Marco e Lía Enríquez contando a infantil Juan Gris de Zuriñe Aguirre.