domingo, 21 de febrero de 2021

DIGICRAFT

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Continuamos coas nosas sesións de DIGICRAFT. Coma sempre aprendendo moito de realidade virtual e programación e coma non tamén traballando algo cos scornabots.

Ollade cantas cousas facemos nas nosas sesións.

Os nenos e nenas de 6 a 8 anos participaron en actividades coma "Personaxes de papel"

Outra actividade moi interesante e na que aprenderon moitas cousas de como clasificar os arquivos e as imaxes nos nosos ordenadores e tablets.

Os maiores decantáronse por actividades máis creativas. Estiveron creando os seus propios anuncios:

Foron tamén os maiores os que crearon pequenas historias para aprender moitas cousas relacionadas cos dereitos de imaxe e a propiedade dos contidos que colgamos en internet. Ademáis de divertirnos aprendemos moitas cousas fundamentais relacionadas con estes temas.


E sempre que podemos aproveitamos as nosas sesións para aprender de todo e experimentar con outros materiais. Nesta sesión aproveitamos para xogar e aprender cos escornabots...

0 comentarios: