lunes, 15 de febrero de 2021

ALTO DOS XENERAIS INFANTIL

 Ola amiguiños e amiguiñas!! A pandemia quere parar os nosos proxectos pero nós somos un pouco cabezóns... Este ano non podíamos celebrar os V Encontros do Entroido pero os compañeiros de 6º non querían deixar o cole sen participar nun "Alto dos Xenerais". 

Aproveitando o patio de infantil e que moitas aulas dan a ese patio conseguimos crear un pequeno anfiteatro para poder gozar todos do Alto en primeira liña e mantendo os nosos grupos burbulla. Un xeito orixinal de ver o "Alto dos Xenerais infantil". O seguinte paso un compromiso de todos os participantes no Alto de crear as súas Arengas e preparalas ben preparadas, coma se realmente participáramos no "Alto dos Xenerais da Bandeira" ou nos "V Encontros do Entroido" e tamén o tivemos. Así que fíxose o Alto dos Xenerais Infantil do cole da Bandeira

A verdade que mereceu a pena o traballo feito polo alumnado de 6º e José que cada ano forma un exército de xenerais que paga a pena ver no noso Entroido e que é o mellor con diferenza do Entroido da Bandeira. Unha representación dun atranque de "Xenerais do Ulla" e unha pequena contribución á recuperación do patrimonio inmaterial da "Vía da Prata" do Camiño de Santiago, dentro do noso proxecto "Facendo Camiño".


0 comentarios: