Ola amiguiños e amiguiñas!! Gracias a Radio na Biblio tivemos a sorte de contar con Cristina Collazo que estivo co alumnado de 4º facendo unha formación e con todos os mestres do cole. Aprendemos moito dun xeito moi divertido.
A través de distintas dinámicas aprendemos a modular a voz, a prepararnos para un programa de Radio, a improvisar , a transmitir emocións,...
Ola amiguiños e amiguiñas!! Ao longo do trimestre os vosos compañeiros e compañeiras de 4º estiveron facendo novas amizades a través do correo.
Xa sabemos que hoxe en día todos estades comunicados a través das redes sociais. Sen embargo, non hai moito tempo, empregabamos o lapis e o papel. A través das cartas familias ou amizades intercambiaban a información das súas vidas e agardaban ansiosos a chegada dunha nova carta contando as novas dos seus seres queridos.
Isto fixeron os compañeiros de 4º. Intercambiaron cartas coa rapazada de 4º do CPI Plurilingüe de Vedra. Ao longo do trimestre foron presentándose, como son, que lles gusta, afeccións,... Mandan as súas cartas coidando a súa caligrafía e ortografía, variando os temas a tratar e establecendo conversas moi interesantes. Un impresionante traballo de redacción voluntario e moi motivante en colaboración co CPI Plurilingüe de Vedra ao que saludamos dende aquí e invitaremos pronto para coñecernos en persoa.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Durante a pasada semana aprendemos que hai moitos xeitos de contar un conto. Grazas ao robotiño "True true" puidemos gozar do conto Os petos de Loreto e descubrir todo o que Loreto gardaba nos bolsillos do seu abrigo. Todos e todas pasamos pola biblioteca e xogamos e pasamos un bo rato con este conto e "True true".
Ola amiguiños e amiguiñas!! A pasada semana celebramos a "Semana das Letras Galegas". Este ano a homenaxeada foi Luísa Villalta.
No cole, coma cada ano, unha nova imaxe da homenaxeada polas Letras Galegas loce na fachada do patio de infantil, a cartelería sobre a vida da autora está exposta "coa nosa propia performance" diante de secretaría, houbo un pequeno festival onde foron sucedéndose as diferentes actividades dende un achegamento a vida de Luísa Villata ata un baile. Pasando por algunha canción e información. Se queredes ver un resumo de todo picade na imaxe.
O alumnado de 6º de infantil tamén quixo achegarse á figura de Luísa Villalta e despois de investigar moito fixéronnos un vídeo onde nos contaron moitas cousiñas da vida de Luísa. Esta é a Biografía de Luísa que fixeron para nós.
Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado xoves o alumnado de 3º e 5º pasou o día con Jon González ilustrador e debuxante. Fai traballos de pintura e do mundo do cómic. Versiona as súas series favoritaa e crea os seus propios personaxes, fai ilustracións personalizadas e traballa tanto en papel coma en dixital.
Afirma que lle encanta debuxar con lapis e rotulador e así llo transmitiu aos vosos compañeiros e compañeiras nestas sesións de creación de cómics.
Grazas a faceta deste autor ilustrador e a Biblioteca Creativa os vosos compañeiros pasaron unha xornada inesquecible.
Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 4º leva moito tempo invetigando e aprendendo moitas cousas sobre Luísa Villalta. Muller creadora e intrépida loitadora pola cultura e os dereitos das mulleres.
Con todo o aprendido fixeron unha entrevista ficticia a Luísa Villalta. Un pequeno guiño, onde a través das preguntas imaxinaron as respostas que daría a nosa homenaxeada.
Así fixeron un programa de radio que aquí deixamos para todos e todas. Este programa máis curto e simplificado foi presentado ao VI Concurso de Podcast-Radio na Biblio.
Nesta ocasión non gañamos... Pero o programa está xenial e nós temos toda a vida para seguir intentando gañar o premio.
Parabéns 4º de primaria e FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
Ola amiguiños e amiguiñas! Hoxe en Radio Garabullo tivemos un novo programa de "Parabéns á hora de comer e curiosidades do tempo de lecer". Os vosos compañeiros de 4º Uxía, Antía, Yeray e Emilia coa axuda de Izan e Cova subiron á emisora para felicitar a todos e todasaos que naceron nos meses de marzo, abril e maio, ademais de aproveitar para contar todo o que no cole está a pasar.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades unha das cousas coas que
eu, Garabullo, gozo? É ollándovos na biblioteca collendo contos, xogando,
debuxando, facendo chapas, investigando... En definitiva dádolle vida ao
meuespazo preferido: A biblioteca!! Pero cando sodes vós, os nenos os que
creades cousiñas aínda estou máis feliz e orgulloso.
A pasada semana os nenos e nenas de 2º pediron ir á radio para
gravar contos e receitas creadas por eles. Fun a mascota da biblioteca máis
feliz que poidades imaxinar e aquí tedes un dos contos. O conto de Blue escrito
e lido por Clara, Hugo e Gabriel de 2º.
Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta ocasión quen se achegou aos estudos de Radio Garabullo foi Daniel de 2º para aconsellarnos unha merenda saúdable e moi fácil de facer. Ademais penso que estará boísima. Escoitade!!
Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabíades unha cousa? Cando os mestres e mestras do cole traen a alguén para falar con vós e contarvos cousas sobre o seu traballo, sexa ilustrador, escritora ou investigadora... Sempre teñen medo de que algo falle, de que non vos guste ou de que vos aburra. Aínda así arriscan e pasan cousas e momentos tan bonitos coma o do pasado 9 de maio con Érica Esmorís.
Érica Esmorís é unha grande escritora que conduce unha furgoneta e a que lle encantan os animais. Se non fose escritora traballaría de veterinaria. É unha muller moi alta e cos cabelos longos. Fala despacio e claro e dende que empezou a súa conversa con 3º e 4º enganchounos de tal xeito que cando rematou a súa charla e marchou.... Todos os nenos e nenas de 3º e 4º voltaron a coller os libros en préstamo desta muller máxica que desprende creatividade por todos os lados.
Nesta ocasión falamos de Patio de luces e de Nena e o mar.
Patio de luces, XI Premio de Narrativa Infantil Cidade de Málaga
Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e vai ao patio para observar a roupa dos tendais e fantasiar con como será a vida deses veciños aos que nunca viu. Serán tal e como Lea os imaxina?
Nena e o mar Premio Merlín de Literatura Infantil 2015
Puerto Ballena es una villa marinera en la que todos sus habitantes perdieron la esperanza. Solo Otto, el último hombre joven de la villa, sigue saliendo al mar a diario mientras deja a Nena, su hija y huérfana de madre, al cuidado de los habitantes de la villa acantilada. Pero un día Otto no regresa. Nena luchará contra la desidia y el cansancio de los viejos habitantes y, con toda la fuerza de voluntad, el empeño y la valentía que le coge en su cuerpo menudo, emprenderá, en un pequeño bote, una aventura temeraria y fantástica para rescatar a su padre.
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "CREATECA"
Cada conto aporta aprendizaxes infinitas. Preme na imaxe e segue aprendendo
BIBLIOTECA CREATIVA 2023-2024
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO